PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Educación

Visita do Conselleíro de Educación

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xesus Vázquez visitou esta mañá os colexios do Concello de Soutomaior.

O Alcalde Agustín Reguera recibiu ao Conselleiro á entrada do Colexio Público Manuel Padin Truiteiro de Arcade alí xunto o director do centro Ramón Castillo contemplaron de primeira man as instalacións. Posteriormente dirixíronse ao Colexio Santiago Apóstol en Soutomaior onde o seu director Don Juan Salguero puxo en coñecemento do Conselleiro de Educación as distintas actividades e servizos que se impartían nese centro.

Con este tipo de accións tanto o Concello de Soutomaior como a Concellería de Educación persegue a calidade no sistema educativo tanto a nivel municipal coma a nivel galego.

O interese pola situación dos centros e escoitando as distintas necesidades que cada un deles teñen, se chega á realidade que se está a vivir nos colexios e á vez se comproba o estado das instalacións educativas do Concello de Soutomaior.

Así mesmo o Conselleiro de Educación e o Alcalde de Soutomaior trataron outros asuntos tales como en novo instituto que nestes momentos se redacta o proxecto despois de que o Concello de Soutomaior cedese os terreos. O Conselleiro destacou a aposta por esta infraestrutura a pesar da crise económica que estamos a pasar.



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO