Artículos de Empleo y Formación

O OBRADOIRO DE EMPREGO DE HOSTELERÍA do Concello de Soutomaior alcanza a segunda fase de formación

 

O Concello de Soutomaior leva xestionando dende decembro do 2009 o primeiro Obradoiro de Emprego de Hostelería, coñecido co nome de Pedro Madruga. O obxectivo do centro é fomentar o emprego entre os residentes dándolles preferencia ós mozos empadroados en Soutomaior.

O OBRADOIRO púxose en marcha coa intención de preparar ós mozos no sector hosteleiro e deste modo darlles a oportunidade de acceder o mercado laboral. Actualmente participan 25 alumnas formándose nas profesións de camareras e cociñeiras (13 camareras e 12 cociñeiras).

A Xunta de Galicia mediante a Consellería de Traballo e Benestar colabora nesta iniciativa a través dos Fondos Europeos cun financiamento de 530.090 euros, mentres que o Concello fíxose cargo dos demais gastos ocasionados que oscilaron sobre os 36.000 euros.

A maior dificultade que tiveron para poñelo en marcha foi o acondicionamento e adaptación do restaurante como centro de formación para as 25 alumnas que forman o Obradoiro. "Era un establecemento público e na cociña só podían traballar 4 cociñeiros/as, polo que se decidiu realizar unha nova distribución para que puidesen traballar as 12 alumnas desta especialidade" comenta a Directora do Obradoiro, Purificación Ferro. Non obstante na especialidade de restaurante-bar o espazo era maior dispoñendo de varias salas: comedor de carta, cafetaría e comedor de menú.

Según a Directora do Obradoiro, o perfil do alumnado adoita ser "mulleres cunha media de idade comprendida entre os 35 e 55 anos e cunha traxectoria profesional que non ten nada que ver coa especialidade elixida, ou noutros casos, que nunca traballaron".

Ao longo do proxecto de formación impártese o módulo de orientación laboral, no que dotan as alumnas de coñecementos sobre o mercado laboral actual e de ferramentas para poder enfrontarse con éxito a un proceso de selección. Así mesmo, na segunda fase do proxecto, na que se encontran actualmente, están a tomar contacto con institucións, asociacións empresariais e empresas da zona ofrecéndolles os perfís axeitados para as súas necesidades.

Tamén se proporciona ás alumnas formación complementaria, como as modalidades de prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental, igualdade de xénero, orientación laboral e o graduado en ESO para quen o necesite.

"Tendo en conta que a hostelaría é a actividade principal de Soutomaior estou seguro que os obxetivos de inserción van ser elevados" engade Agustín Reguera, Alcalde de Soutomaior. Continua "Estamos moi contentos deste proxecto e dos resultados que nos está aportando".

Así mesmo, teñen asinados convenios con Cáritas Parroquial, co Colexio Santiago Apóstol e Manuel Padín Truiteiro, e están a ultimar entre outros, coa Asociación de Hosteleiros e Restauradores do municipio.

Por outra parte, nas Actividades de Verán´10 organizadas do mesmo modo polo Concello de Soutomaior incluíuse a visita dos nenos/as ó Obradoiro para coñecer as profesións que alí se imparten e probar as súas especialidades.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO