Artículos de Empleo y Formación

Agustín Reguera impulsa A TÚA IDEA EMPRESARIAL

 

O xoves, día 2 de decembro, o Concello de Soutomaior levará a cabo ás 19 h no Multiusos de Arcade e coa colaboración do IGAPE, o segundo SEMINARIO DE DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA cuxa finalidade será divulgar como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, mostrando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.

 

O seminario terá unha duración de 3 horas e irá destinado a todas aquelas persoas interesadas no fenómeno do emprendemento. Trataranse tres partes fundamentais, a figura do emprendedor, a idea de negocio e a posta en marcha, na que se analiza como levar a cabo a transformación da "idea" en "proxecto" e a súa posta en marcha. 

 

Ó longo de todo o Seminario expoñeranse casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia, no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores ós que se pode atribuír o éxito da súa empresa.

 

O Concello de Soutomaior achegará un emprendedor local que intervirá ó final deste, expoñendo a súa experiencia persoal e introducindo un coloquio aberto cos asistentes. Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior, explica "esta iniciativa está destinada a proporcionar ferramentas efectivas para a creación de novos negocios, con elas, pretendemos axudar ós emprendedores de Soutomaior a impulsar ás súas ideas".

 

O seminario está coordinado pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do concello, para máis información poden consultar en  www.soutomaior.com ou poñerse en contacto con Cynthia no 986 70 51 06.

 

Máis info en http://www.soutomaior.com/actualidade/emprendedores.pdf

 

Programa FALADOIRO - Debate: Presupuestos 2011 Xunta de Galicia 

Asistentes: Directora BIC Galicia entre otros   

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO