Artículos de Empleo y Formación

Agustín Reguera clausura os cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA e OPERACIÓNS BÁSICAS RESTAURANTE-BAR impartidos polo Concello de Soutomaior

 

Nestes últimos meses foron impartidos polo Concello de Soutomaior, a través do seu Axente de Emprego e Desenvolvemento Local e en coordinación coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, cursos de formación de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO e OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE-BAR, dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas. Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior, fixo entrega dos DIPLOMAS ós alumnos/as que participaron nos cursos.

 

O curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO tivo unha duración de 630 horas e foi impartido no Centro Social de Arcade. Durante este período formáronse 11 profesionais, 9 mulleres e 2 homes, para axudar no ámbito sociosanitario no domicilio a persoas con necesidades especiais de saúde física, psíquica e social, aplicando as estratexias e procedementos máis axeitados para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co contorno.

 

Por outra banda, o curso de OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE-BAR, foi desenvolvido no Multiusos de Arcade e na sede do Obradoiro de Emprego de Hostelería PEDRO MADRUGA cunha duración de 320 horas. Os 12 participantes, 10 mulleres e 2 homes, aprenderon técnicas do proceso de asistencia no servizo, preparar e presentar bebidas sinxelas e comidas rápidas executando e aplicando operacións, técnicas e normas básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos e bebidas.

 

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO