Os alumnos do curso "Pavimentador-Azulexador" puideron demostrar as súas habilidades e destrezas na Escola Unitaria de Alxán

Un total de 10 persoas recibiron hoxe os diplomas correspondentes ao curso AFD (Accións Formativas para Desempregados) de "Pavimentador - Azulexador" ofrecidos polo Concello de Soutomaior, cuxa finalidade é formar e favorecer a incorporación dos veciños e veciñas do municipio ao mercado laboral. O curso está financiado polos Fondos Sociais Europeos e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, fixo entrega dos diplomas correspondentes aos alumnos que lograron terminar con éxito o curso.

O obxectivo do curso foi aprender a revestir chans e paredes con todo tipo de baldosas, azulexos ou plaquetas asentadas con morteiro de diferentes características, previa preparación do paramento soporte e baixo o cumprimento de toda a normativa de seguridade vixente. Tamén realizaron tarefas de organización e interpretación da documentación achegada, seleccionando os materiais, máquinas e ferramentas máis adecuados para executar os traballos coas máximas garantías de calidade e seguridade.

O programa práctico levouse a cabo nas instalacións da Escola Unitaria de Alxán, onde os alumnos puideron demostrar as súas habilidades e destrezas realizando unhas obras de reforma que consistiron en colocar a pavimentación interior e exterior, a instalación do saneamento, a preinstalación da calefacción e a creación dos aseos.

O curso de "Pavimentador-Azulexador" iniciouse o 12 de xullo con 15 alumnos inscritos, pero só recibiron a súa acreditación as 10 persoas que conseguiron finalizar o curso con éxito até o 30 de novembro, completando as súas correspondentes 678 horas de duración.

Más de Empleo y Formación
- O Concello de Soutomaior forma a 15 persoas como "Empregad@s de Oficina" para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral
- Os alumnos do curso "Pavimentador-Azulexador" puideron demostrar as súas habilidades e destrezas na Escola Unitaria de Alxán
- Agustín Reguera clausura os cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA e OPERACIÓNS BÁSICAS RESTAURANTE-BAR impartidos polo Concello de Soutomaior
- Agustín Reguera impulsa A TÚA IDEA EMPRESARIAL
- O OBRADOIRO DE EMPREGO DE HOSTELERÍA do Concello de Soutomaior alcanza a segunda fase de formación
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre










