O Concello de Soutomaior forma a 15 persoas como "Empregad@s de Oficina" para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral
Un total de 15 persoas recibiron a semana pasada os diplomas correspondentes ao curso AFD (Accións Formativas para Desempregados) de "Empregado de Oficina" ofrecidos polo Concello de Soutomaior, cuxa finalidade é formar e favorecer a incorporación dos veciños e veciñas do municipio ao mercado laboral.
O curso está financiado polos Fondos Sociais Europeos e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Cultura, Turismo e Formación, Dolores Cernadas, fixeron entrega dos diplomas correspondentes aos alumn@s que lograron terminar con éxito o curso.

O obxectivo do curso foi aprender a realizar labores administrativas relativas á xestión comercial, financeiro-contable, e de persoal, desenvolvendo o rexistro, proceso, arquivo e transmisión de información na oficina.
Os alumn@s tamén aprenderon a utilizar técnicas de búsqueda de emprego activas, orientando a actuación no mercado de traballo de acordo ás propias capacidades e intereses nun itinerario profesional coherente. Os módulos formativos abarcaron temas como Aspectos Administrativos da Xestión Empresarial, Mecanografía Audiovisual, Informática básica, Ofimática básica, Procesador de Textos Avanzado, Aplicacións Informáticas de Xestión Empresarial ou Seguridade e Hixiene no Traballo entre outras.
O programa teórico para adquirir os coñecementos profesionais levouse a cabo de luns a venres nas instalacións do Multiusos de Arcade, mentres que as prácticas realizáronas nas empresas que colaboraron co Concello de Soutomaior para completar a súa formación.
O curso de "Empregado de Oficina" iniciouse o 20 de xuño con 15 alumn@s inscritos, conseguindo finalizalo tod@s con éxito até o 15 de decembro, completando así as súas correspondentes 790 horas de duración.

Más de Empleo y Formación
- O Concello de Soutomaior forma a 15 persoas como "Empregad@s de Oficina" para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral
- Os alumnos do curso "Pavimentador-Azulexador" puideron demostrar as súas habilidades e destrezas na Escola Unitaria de Alxán
- Agustín Reguera clausura os cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA e OPERACIÓNS BÁSICAS RESTAURANTE-BAR impartidos polo Concello de Soutomaior
- Agustín Reguera impulsa A TÚA IDEA EMPRESARIAL
- O OBRADOIRO DE EMPREGO DE HOSTELERÍA do Concello de Soutomaior alcanza a segunda fase de formación
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre










