PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Igualdade

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar na IV XUNTANZA DAS MULLERES

 

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para anotarse na "IV XUNTANZA DAS MULLERES" de Soutomaior, permanecendo aberto ata o 16 de marzo.

 

Este ano a visita realizarase o domingo 27 de marzo ao BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA pola mañá, sendo a comida no mesmo hotel; pola tarde, visitarán o municipio do GROVE; e para finalizar o día realizarase unha parada no MERCADO TRADICIONAL DE BARRO. As saídas serán dende as paradas de bus das parroquias de Soutomaior ás 08:30h e dende o cruce de Pierres en Arcade ás 09:20h.

 

Poderán inscribirse no CIM de Soutomaior, situado nas instalacións do Multiusos de Arcade. O horario de atención ao público é de luns a venres de 09:00h a 14:00h e, ademais, os mércores de 16:00h a 20:00h. O custo da excursión será de 30 euros para empadroados e 40 euros para non empadroados, este prezo inclúe o acceso ao balneario e a comida.

 

Para máis información chamar ao 986 701 227 ou consultar en CONCELLERÍA DA MULLER