O Concello de Soutomaior regalará unha FRIDA como símbolo do traballo artesanal das mulleres

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, hoxe 8 de Marzo de 2011, o Concello de Soutomaior, mediante o Centro de Información á Muller (CIM), dependente da Concellaría de Muller, Servizos Sociais e Sanidade, no seu día convocou o I CONCURSO DE DESEÑO ARTESANAL "Arte-sá", co obxectivo xeneral de promover, fomentar e divulgar o traballo artesanal e artístico das mulleres.
MARÍA MEIJÓN BRUQUETAS, gañadora desta primeira edición do concurso, recibirá hoxe o primeiro e único premio de 600 euros de mans do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. Así mesmo, farase entrega dun premio conmemorativo a todas as participantes nesta primeira edición no Multiusos de Arcade ás 19:00h. E as mulleres de Soutomaior que se acheguen ao longo do día recibirán unha FRIDA conmemorativa.
Despois de reunirse o xurado que conformaba o tribunal do "I Concurso de deseño artesanal Arte-sá", actividade incluída no II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Soutomaior, decidiuse por unanimidade que a gañadora fose MARÍA MEIJÓN BRUQUETAS pola súa obra "FRIDA". O tribunal estivo constituído por Rosa Morgado Pazos, representante da "Asociación de Mulleres Rurais Anduriña"; o artesán Carlos Rodríguez González; Bernardo Seoane e Moncho Novas, representantes da "Agrupación Artistas da Bisbarra"; técnicas do CIM e pola Concelleira de Muller, Servizos Sociais e Sanidade, Cristina González Piedras.
A obra FRIDA, é unha peza realizada totalmente a man de diversos materiais. Inspirada na figura de Frida Khalo, unha Muller forte e adiantada á súa época, implicada na vida política e cultural do momento, e que logrou transformar as grandes dores físicas que sufría nunha pintura chea de cor e de vida.
A gañadora tivo que realizar 150 unidades que serán entregadas hoxe polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER e que protagonizarán a CAMPAÑA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR, representando a súa imaxe institucional.
Máis da Muller
- "Un mar de mulleres", exposición fotográfica nos centros escolares do Concello de Soutomaior en conmemoración do Día Internacional da Muller
- Os Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior asinan un convenio de colaboración en materia de IGUALDADE
- O Concello de Soutomaior inaugura a I MOSTRA DE ARTE ERÓTICA cun total de 14 artistas
- @s alumn@s do C.E.I.P. Manuel Padín Truiteiro e do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior participan no VII Concurso de carteis contra a violencia de xénero
- CONTA COMIGO, programa desenvolvido polo Concello de Soutomaior para a Prevención da violencia de xénero
- A Concellaría de Igualdade de Soutomaior engade unha exposición de ARTE ERÓTICO ao CONCURSO DE RELATOS "PUNTO E SEGUIDO"
- A Concellería de Muller de Soutomaior lanza NOVOS CURSOS para este semestre
- Soutomaior fomenta a EDUCACIÓN EN IGUALDADE desenvolvendo actuacións de sensibilización
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













