Soutomaior fomenta a EDUCACIÓN EN IGUALDADE desenvolvendo actuacións de sensibilización
Ao longo desta semana nos centros escolares Santiago Apóstolo e Padín Truiteiro, os alumnos e alumnas de 6º de primaria, empezaron as XORNADAS DE COEDUCACIÓN "IGUALANDO" que teñen como obxectivo xeral fomentar a educación en igualdade, a ruptura de estereotipos sexistas e potenciar a creación dunha identidade de xénero flexible e integral que nos achegue maior liberdade e autonomía.
Dentro das actuacións levadas a cabo na área de sensibilización e educación do II PIOM (2008-2011) do Concello de Soutomaior, está a levarse a cabo a 2ª Edición do Programa "PAPA MÁNS A OBRA" que pretende a implicación dos homes na educación en igualdade e o fomento da corresponsabilidade.
Os escolares de 1 e 2º de primaria dos centros educativos participaron no concurso de debuxos. As obras dos nenos e nenas estarán expostas o venres 18 de marzo pola tarde no Multiusos de Arcade, onde se fará tamén a entrega de premios aos gañadores ás 19:30h, e cada mozo poderá recoller un mandil co seu debuxo para regalar o seu pai.
Todos os pais ou titores igualitarios que queiran participar dun xeito activo na educación en igualdade poderán facelo nas OLIMPÍADAS organizadas esa tarde en pro da igualdade e da corresponsabilidade. ENSINA CO EXEMPLO! Máis información no 986701227.
Programación CIM primer semestre 2011
19 DE MARZO “Día do Pai Igualitario”
Ver Bases del "II CONCURSO DE DEBUXOS PAPÁ MANS Á OBRA"
Ver Bases de la "II OLIMPIADA DE PAIS POLA IGUALDADE PAPÁ MANS Á OBRA”
Enlaces FOTOGRAFÍAS:
Concurso de DESEÑO ARTESANAL “Arta-sá”
I Xornadas para o Abordaxe Integral da VIOLENCIA DE XÉNERO
NON ESQUEZADES! O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ANOTARSE NA "IV XUNTANZA DAS MULLERES" PERMANECERÁ ABERTO ATA MAÑANA, 16 DE MARZO!!
Como punto e final das accións realizadas, o Concello de Soutomaior esta organizando a IV XUNTANZA DAS MULLERES de Soutomaior para o domingo 27 de marzo.
Neste xa tradicional encontro, onde participan habitualmente preto dun centenar de mulleres de todas as idades, a visita realizarase ao BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA pola mañá, sendo a comida no mesmo hotel; pola tarde, visitarán o municipio do GROVE; e para finalizar o día realizarase unha parada no MERCADO TRADICIONAL DE BARRO.
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DIVERSOS OBRADOIROS organizados pola Concellería de Muller, Servizos Sociales e Sanidade
OBRADOIRO DE ARTE FLORAL
- Prazo de inscrición: 1-18 de marzo.
- Lugar para inscribirse: CIM de Soutomaior. Luns a venres de 9 a 14 horas e mércores de 16 a 20 horas.
- Coste: 20 € empadroadas.
- Horario: mércores de 17:00 a 19:00 horas.
- Duración: dende o 23 de marzo ata 20 de abril (10 horas).
OBRADOIRO DE CUSTOMIZAXE E MANUALIDADES
- Prazo de inscrición: 1-31 de marzo.
- Lugar para inscribirse: CIM de Soutomaior. Luns a venres de 9 a 14 horas e mércores de 16 a 20 horas.
- Coste: 20 € empadroadas.
- Horario: mércores de 17:00 a 19:00 horas.
- Duración: 10 horas.
DECORACIÓN DE REPOSTERÍA
- Prazo de inscrición: 1-31 de marzo.
- Lugar para inscribirse: CIM de Soutomaior. Luns a venres de 9 a 14 horas e mércores de 16 a 20 horas.
- Coste: 30 € empadroadas.
- Horario: xoves de 17:00 a 19:00 horas.
- Duración: 15 horas.
ELABORACIÓN DE CONSERVAS E PRODUCTOS NATURAIS
- Prazo de inscrición: 1-31 de marzo.
- Lugar para inscribirse: CIM de Soutomaior. Luns a venres de 9 a 14 horas e mércores de 16 a 20 horas.
- Coste: 30 € empadroadas.
- Horario: xoves de 17:00 a 19:00 horas.
- Duración: 15 horas.
Máis da Muller
- "Un mar de mulleres", exposición fotográfica nos centros escolares do Concello de Soutomaior en conmemoración do Día Internacional da Muller
- Os Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior asinan un convenio de colaboración en materia de IGUALDADE
- O Concello de Soutomaior inaugura a I MOSTRA DE ARTE ERÓTICA cun total de 14 artistas
- @s alumn@s do C.E.I.P. Manuel Padín Truiteiro e do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior participan no VII Concurso de carteis contra a violencia de xénero
- CONTA COMIGO, programa desenvolvido polo Concello de Soutomaior para a Prevención da violencia de xénero
- A Concellaría de Igualdade de Soutomaior engade unha exposición de ARTE ERÓTICO ao CONCURSO DE RELATOS "PUNTO E SEGUIDO"
- A Concellería de Muller de Soutomaior lanza NOVOS CURSOS para este semestre
- Soutomaior fomenta a EDUCACIÓN EN IGUALDADE desenvolvendo actuacións de sensibilización
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













