PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Igualdade

A Concellería de Muller de Soutomaior lanza NOVOS CURSOS para este semestre

 

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Muller, ten previsto poñer en marcha novos cursos incluidos no programa semestral do Centro de Información á Muller (CIM).

 

Os cursos previstos son:

• Manualidades: este obradoiro adaptarase ás necesidades actuais, prendas de roupa, bolsos ou calquer outro obxecto que teñamos almacenado no armario e queiramos dar un novo uso.

• Elaboración de conservas de productos naturais: aprenderán a elaborar conservas con productos naturais da horta, para fomentar unha alimentación variable e saudable aproveitando as frutas e hortalizas ao longo de todo o ano.

• Decoración de repostería: obradoiro no que se aprenderá a decorar os postres dunha forma orixinal e creativa aportando un toque persoal.

• Primeiros auxilios: impartiranse técnicas para saber cómo actuar ante un caso de accidente ou enfermedade repentina.

• Tai Chi: practicaranse exercicios para potenciar a conexión co noso corpo, a relaxación e a coordinación. O Tai Chi é unha actividade apropiada a calquer idade pola súa suavidade e adaptación.

 

Necesitarase un mínimo de 15 persoas anotadas para iniciar cada curso e a inscripción realizarase no Multiusos de Arcade nas dependencias do CIM.

 

As persoas interesadas en participar nos cursos poden informarse chamando ó teléfono 986 701 227 ou facendo click en CONCELLERÍA DA MULLER, SERVICIOS SOCIAIS E SANIDADE DE SOUTOMAIOR.