A Concellaría de Igualdade de Soutomaior engade unha exposición de ARTE ERÓTICO ao CONCURSO DE RELATOS "PUNTO E SEGUIDO"

O Concello de Soutomaior, dentro das actividades levadas a cabo polo Punto de información e asesoramento afectivo-sexual a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza a III Edición do Concurso de Relatos Eróticos "PUNTO E SEGUIDO" co obxectivo de promover unha educación sexual libre de tabús e fomentar a ruptura de estereotipos sexistas. O prazo para a presentación finaliza o 4 de novembro ás 14:00 horas e poderán ser entregados persoalmente ou por correo certificado no CIM situado no Multiusos de Arcade.
Establécese un único premio dun fin de semana para dúas persoas no Castelo de Soutomaior, que inclúe estanza a media pensión. A concesión do premio implica a aceptación por parte do gañador/a do dereito da publicación do relato por parte da Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais e Sanidade, así como a difusión noutros medios de comunicación como, por exemplo, Internet.
Máis información no seguinte enlace BASES III Edición do Concurso de Relatos Eróticos "Punto e seguido"

Dentro das actividades promovidas pola Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais e Sanidade neste ano 2011 destacamos tamén a organización da I Mostra de ARTE ERÓTICO, no marco das actuacións previstas no II PIOM 2008-2011 na área de fomento da saúde e benestar.
A mostra está prevista para as primeiras semanas do mes de decembro deste mesmo ano, coincidindo coa entrega do premio do III Concurso de Relatos Eróticos "Punto e seguido".
Consistirá nunha nunha exposición directa nas instalacións do Concello de Soutomaior e unha exposición virtual na web do CIM de todas as obras seleccionadas.
Máis da Muller
- "Un mar de mulleres", exposición fotográfica nos centros escolares do Concello de Soutomaior en conmemoración do Día Internacional da Muller
- Os Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior asinan un convenio de colaboración en materia de IGUALDADE
- O Concello de Soutomaior inaugura a I MOSTRA DE ARTE ERÓTICA cun total de 14 artistas
- @s alumn@s do C.E.I.P. Manuel Padín Truiteiro e do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior participan no VII Concurso de carteis contra a violencia de xénero
- CONTA COMIGO, programa desenvolvido polo Concello de Soutomaior para a Prevención da violencia de xénero
- A Concellaría de Igualdade de Soutomaior engade unha exposición de ARTE ERÓTICO ao CONCURSO DE RELATOS "PUNTO E SEGUIDO"
- A Concellería de Muller de Soutomaior lanza NOVOS CURSOS para este semestre
- Soutomaior fomenta a EDUCACIÓN EN IGUALDADE desenvolvendo actuacións de sensibilización
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













