CONTA COMIGO, programa desenvolvido polo Concello de Soutomaior para a Prevención da violencia de xénero
O Concello de Soutomaior está a levar a cabo o Programa CONTA COMIGO, enmarcado no proxecto de accións de prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero nos colexios do municipio, programa que finalizará a finais de novembro.
Para erradicar a violencia exercida contra as mulleres, a Concellería de Igualdade, Servizos Sociais e Sanidade de Soutomaior fixou unha serie de metas ao redor do obxectivo central da prevención da violencia de xénero en mozos e mozas.
Entre os obxectivos aos que aludimos:
- Sensibilizar aos alumnos e alumnas participantes sobre a violencia de xénero en xeral e de maneira particular sobre aquela que se de nas relacións de parella de adolescentes e novas.
- Analizar a violencia que se produce nas parellas de adolescentes e mozas.
- Informar e formar ao alumnado participante no desenvolvemento de habilidades que lles permitan ser capaces de afrontar os conflitos, mostrándolles pautas de actuación e informándoos dos recursos existentes en caso de agresión ou malos tratos.
- Capacitar o alumnado sobre o fenómeno da violencia nas relacións de parella, de maneira que poidan detectar situacións de malos tratos e axudar no caso de que sexa necesario.
- Eliminar, no alumnado participante, os mitos e ideas erróneas subxacentes ao fenómeno da violencia de xénero.
- Capacitar os alumnos e alumnas para que sexan capaces de detectar e recoñecer os malos tratos físicos, psicolóxico e sexual; informándoos sobre os posibles comportamentos da parella que poden significar un inicio de control esaxerado ou violencia.
- Colaborar con outras institucións doutros ámbitos (Educación, Servizos Sociais) no deseño e desenvolvemento de actividades.
A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais e Sanidade de Soutomaior, Cristina González, clausurou o xoves pasado no Colexio Manuel Padín Truiteiro o programa CONTA COMIGO para a Prevención da violencia de xénero desenvolvido ao longo do mes de outubro, dando continuidade ao programa durante este mes de novembro no Colexio Santiago Apóstol.

O Taller de Traballo, coordinado polo Concello de Soutomaior, está dirixido ao alumnado de secundaria; en 1º e 2º da ESO as xornadas teñen como obxectivo principal traballar sobre os seguintes conceptos: dereitos humanos, violencia, violencia de xénero, sexismo, comunicación, resolución de conflitos e autoestima. En cambio, en 3º e 4º da ESO as xornadas virarán contorna á transmisión de roles e estereotipos por medio da publicidade.
Máis da Muller
- "Un mar de mulleres", exposición fotográfica nos centros escolares do Concello de Soutomaior en conmemoración do Día Internacional da Muller
- Os Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior asinan un convenio de colaboración en materia de IGUALDADE
- O Concello de Soutomaior inaugura a I MOSTRA DE ARTE ERÓTICA cun total de 14 artistas
- @s alumn@s do C.E.I.P. Manuel Padín Truiteiro e do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior participan no VII Concurso de carteis contra a violencia de xénero
- CONTA COMIGO, programa desenvolvido polo Concello de Soutomaior para a Prevención da violencia de xénero
- A Concellaría de Igualdade de Soutomaior engade unha exposición de ARTE ERÓTICO ao CONCURSO DE RELATOS "PUNTO E SEGUIDO"
- A Concellería de Muller de Soutomaior lanza NOVOS CURSOS para este semestre
- Soutomaior fomenta a EDUCACIÓN EN IGUALDADE desenvolvendo actuacións de sensibilización
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













