O Concello de Soutomaior crea un NOVO PORTAL DE COMUNICACIÓN para ofrecer noticias frescas

É tempo de cambiar, de adaptarse ás novas ferramentas que nos ofrece Internet e innovar na comunicación para dar resposta en tempo real os habitantes de Soutomaior. Facebook, You Tube, Picasa, Issu... son algunhas das prestacións e estratexias de comunicación que utiliza o Concello de Soutomaior.
O rexedor Agustín Reguera, mantén a súa aposta polas novas tecnoloxías e abre unha nova canle de comunicación que ofrece actualidade, frescura e entretemento, o novo portal www.gabinetesoutomaior.com, á súa vez, enlazado coa Web Oficial do Concello www.soutomaior.com.
O GABINETE DE PRENSA ofrece notas actualizadas, fotografías, vídeos, a predición do tempo no municipio e as actividades ou eventos programados polo Concello. Ó mesmo tempo, dada a necesidade dunha presenza activa nas redes sociais, debido ó peso importante que estas teñen por ser as ferramentas que están a utilizar os parroquianos e que, á súa vez, se converten no novo formato do "boca a boca", o Gabinete de Prensa tamén decidiu formar parte do novo fenómeno Web 2.0., no que a través de FACEBOOK os usuarios do gabinete comparten opinións, fotografías ou vídeos. Á parte de ser unha ferramenta moi útil de promoción e marketing para mostrar os recursos e acontecementos de interese sobre esta localidade.
Agustín Reguera, Alcalde de Soutomaior, destacou o importante "abanico de posibilidades" que ofrece estar presente en Facebook, "óese moito que hai que estar nas redes sociais, se non estás non existes". Neste sentido, comentaba tamén sobre a necesidade de ter que "ser camaleónicos, evolucionar a medida que aprendes, cambiar de ámbitos e aprender a entendelos, porque estes cambian constantemente".
A plataforma do GABINETE DE PRENSA foi inaugurada e publicada na rede no mes de abril deste ano, só hai tres meses, e xa recopila preto de 10.000 VISITAS. Según o servizo de análise web "Google Analytics", que nos proporciona información sobre o tráfico do portal do gabinete, indícanos que cada día un 60,45% do total de visitas pertencen a internautas que repiten e un 39,55% a novos visitantes da web. A media de tempo na plataforma é de 6 minutos e a principal fonte de tráfico, cun 82,95% é a web oficial do Concello, www.soutomaior.com, seguíndolle un 10,21% de tráfico directo, é dicir, usuarios que acceden directamente a través da dirección web www.gabinetesoutomaior.com, e finalmente un 6,84% de internautas visítana grazas ós motores de búsqueda como google, yahoo, etc.
Hai un tempo, a Concellería de Novas Tecnoloxías puxo en marcha o servizo "Soutomaior Wireless", polo que os residentes gozan dunha conexión wifi a Internet as 24 horas do día e gratuitamente só con estar empadroados e darse de alta no Concello. Máis de 1.500 usuarios están inscritos neste servizo. E actualmente, o edil Francisco Iglesias deseña un novo proxecto no que se ampliará a cobertura e se mellorarán as prestacións da ferramenta. Sen deixar atrás, a posta en marcha doutros proxectos como a administración on line e un servizo de mensaxes ó móbil para avisar os cidadáns dos actos culturais.
Máis de Novas Tec.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













