PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Parques e Xardíns

Unha nova ordenanza regulará a tenza de ANIMAIS NA VÍA PÚBLICA “Por ti. Por Soutomaior”


O Concello de Soutomaior, por primeira vez, establece normas para o comportamento de animais na vía pública. A iniciativa é o resultado das opinións recollidas polo alcalde dos residentes molestos polo desleixo dalgúns propietarios/as de cans.


A ordenanza pretende concienciar as persoas para que manteñan limpas as rúas de Soutomaior e para que se respecten as normas básicas de convivencia entre veciños "Por ti. Por Soutomaior". As multas oscilarán entre 50 e 600 euros, segundo a gravidade do asunto. Se trata dun documento que, segundo o rexedor, Agustín Reguera, "persegue facer de Soutomaior unha vina cívica, limpa, acolledora, respectuosa cos dereitos das persoas e protectora do patrimonio".


A nova ordenanza ten como obxectivo regular a tenza de animais na vía pública. Así, obrígase os propietarios dos cans perigosos a conducilos pola vía pública con correa e bozo. Prohíbese que os animais domésticos realicen as súas deposicións sobre as beirarrúas, zonas verdes ou terrazas e restantes elementos da vía pública destinados/as ao paso ou estadía da cidadanía. O/a propietario/a do animal doméstico ou quen o teña ao seu coidado está na obriga de recoller e retirar das rúas, avidas, parques e outros lugares públicos as deposicións ou materiais similares que deposite o animal, sendo o responsable da sucidade que este produza na vía pública. Así mesmo, serán sancionadas aquelas persoas que laven os animais domésticos na vía pública.


Por outro lado, quedará prohibido o acceso ou permanencia de animais domésticos ou de compañía naqueles lugares de concorrencia pública e uso público tales como parques, alamedas, praias, xardíns, piscinas, etc. nos que a súa estadía resulta desaconsellable por razóns hixiénicas ou sanitarias, ou por resultar a súa natureza e comportamento incompatibles coa actividade que en tales lugares se desenvolva.


As infraccións serán cualificadas como leves, graves ou moi graves, e o importe destas oscilará entre os 50 e 600 euros, podendo incrementarse nun 25% nas persoas que cometan infraccións reincidentes.




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO