O Concello de Soutomaior conta cun PUNTO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO AFECTIVO SEXUAL a disposición dos cidadáns
Hoxe, 1 de Decembro de 2010, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A SIDA. Este día aproveitamos para botar unha vista atrás e ver a traxectoria desta pandemia nos últimos anos.
Na actualidade, segundo os datos da OMS a pandemia encóntrase en fase de estabilización a nivel mundial, pero é importante entender que non debemos baixar a garda no que se refire á protección e a loita contra esta enfermidade.
As taxas de novas infeccións seguen sendo altas e cada día no mundo inféctanse 7400 persoas que hai que engadir ós xa 33,4 millóns de persoas que viven co VIH. Sen esquecer que cada ano morren ó redor de 2 millóns de persoas en relación coa sida.
Galicia encóntrase tamén nunha situación de estabilidade nos últimos anos cunha media de 207 novos casos de VIH ó ano. O acceso á prevención, tratamento e igualdade das persoas afectadas están garantidos por lei, pero aínda queda moito traballo para conseguir a visión de ONUSIDA: Cero discriminación. Cero novas infeccións polo VIH. Cero mortes relacionadas co sida.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quere aproveitar a ocasión para recordar que dende o Concello de Soutomaior lévase facendo dende hai dous anos a través do PUNTO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO AFECTIVO SEXUAL.
O obxectivo xeral do servizo prestado, a través da Concellería de Sanidade, dirixida pola edil Cristina González, é crear un espazo de información e asesoramento para a poboación do municipio de Soutomaior, que lle achegue unha maior calidade na educación e no seu desenvolvemento afectivo-sexual.
Obxectivos específicos:
. Informar, previr e mellorar a calidade da vida afectiva sexual da poboación que participe no proxecto.
. Dar resposta a moitas dúbidas, completar a información, achegar a prevención e exercitar as nosas posibilidades sensitivas e cognitivas no ámbito da nosa sexualidade.
. Crear espazos de asesoramento anónimo e individualizado onde as persoas poidan compartir con profesionais as súas preguntas e dúbidas.
. Preveer condutas de risco en relación a enfermidades de transmisión sexual e a anticoncepción para evitar embarazos non desexados.
Ao longo destes dous anos, dende o Concello de Soutomaior, desenvolvéronse charlas informativas sobre a saúde sexual, os métodos anticonceptivos e a prevención de enfermidades de trasmisión sexual como é a SIDA.
Este PUNTO DE ASESORAMENTO está situado nas dependencias do CIM, no Centro Multiusos de Arcade, formado por un equipo profesional que conta cunha psicóloga, unha avogada e unha traballadora social.
Poderán ser beneficiarias deste servizo todas aquelas persoas empadroadas no Concello de Soutomaior que precisen calquera tipo de asesoramento.
Para máis información podedes chamar ó 986 701 227, ou ben, entrar na PROGRAMACIÓN MUNICIPAL DE ASESORAMENTO, fai click.
É importante non esquecer que, a pesar de que se avanzou no camiño contra o descoñecemento e intolerancia fronte a esta enfermidade, é preciso seguir traballando para EVITAR A DISCRIMINACIÓN E O ESTIGMA que en ocasións sofren as persoas afectadas.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre










