Artículos de Servicios Sociales y Sanidad

O Concello de Soutomaior e a Fundación Amigos de Galicia asinan un convenio de COLABORACIÓN

 

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o dirixente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, asinan un convenio de colaboración entre as dúas institucións. Mediante o acordo subvenciónase a citada Fundación cunha axuda económica, que segundo os termos do convenio, terán como destino a distribución de alimentos e outros produtos de primeira necesidade entre as familias máis necesitadas.

 

Servizos Sociais xa entregou onte 3 lotes de alimentos a familias do municipio sen recursos, a próxima entrega efectuarase a finais do mes de febreiro, repetíndose esta acción todos os meses do ano 2011 coa intención de aumentar o número de familias beneficiadas. Entre as provisións figuraban sobre todo alimentos non perecedoiros a curto prazo, como aceite, queixo, pasta ou azucre, ademais de alimentos frescos como froitas e hortalizas.

 

Esta axuda atende ás necesidades básicas da vida cotiá das persoas que se encontren en situación de necesidade, derivada da carencia de recursos económicos. Atenderanse ás persoas sen recursos de Soutomaior, en especial familias con nenos, persoas dependentes, mulleres vítimas da violencia de xénero, drogodependentes ou persoas maiores; contribuíndo a evitar a exclusión social.

 

Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior destacou o importante labor realizado pola Fundación de Amigos de Galicia e o seu compromiso cos máis necesitados. O acordo permitirá "atender a máis familias necesitadas, principalmente familias monoparentais, mulleres vítimas de violencia de xénero e parados de longa duración" informa Agustín Reguera.

 

A FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA naceu en maio do 87 sendo un colectivo gastronómico. Naceu como Asociación Gastronómica e Cultural O Grelo que pasou a converterse, no ano 1995, en Fundación Amigos de Galicia O Grelo e finalmente quedou como está agora: Fundación Amigos de Galicia. O que non cambiou é o obxectivo polo que naceu que é a intención de axudar aos galegos.

 

Contan coa axuda da administración, das deputacións, dos concellos e de grandes empresas galegas como Gadisa, Coren, Pescanova, etc. Entre patróns, traballadores voluntarios e demais colaboradores son máis de mil persoas prestando o seu apoio. O seu labor repártese entre axudas aos colectivos máis necesitados de Galicia, a promoción cultural e o turismo.

 

Traballan día a día para atender ás 2.894 persoas necesitadas da provincia de Pontevedra, ás 2.982 persoas en situación de necesidade da Coruña, ás 927 de Lugo e ás 1.548 persoas que precisan da axuda desta entidade na provincia de Ourense, que fan un total de 8.336 persoas, das cales 4.819 son nenos (última actualización de datos de decembro de 2009), ademais das máis de 3000 persoas dos centros cos que colabora a devandita entidade (centros de acollida, comedores sociais...).

  



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO