O Concello de Soutomaior contribúe a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores

A Área de Servizo Social xestionado polo Concello de Soutomaior conta entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, entre as diversas actuacións levadas a cabo polo concello para contribuír a iso, actualmente estase a tramitar un PROGRAMA DE TERMALISMO.
O programa de TERMALISMO SOCIAL IMSERSO proporciona aos pensionistas prezos reducidos para acceder a establecementos especializados e así mellorar a súa calida de vida. Actualmente, as persoas interesadas en anotarse na quenda de febreiro a agosto, poden solicitalo quedando en lista de espera a pesar de finalizar o prazo de inscrición. Por outra parte, están abertos as quendas de setembro a decembro (ambos os dous inclusive) e o prazo de presentación permanecerá aberto ata o 16 de maio. Poden ser beneficiarios do Programa de Termalismo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
. Ser pensionista do Sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando o beneficiario cumpra os sesenta anos de idade. Igualmente, poderán ser beneficiarios das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos de idade e cumpran co resto de requisitos.
. Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
. Poder valerse por si mesmo.
. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción destes.
. Realizar, no prazo indicado na convocatoria de prazas, a solicitude e alcanzar o expediente, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas (consultar bases).
Con esta actividade, tamén se pretende fomentar a convivencia e as relacións humanas, intercambiar coñecementos, experiencias entre os participantes, promover o desfrute do ocio así como contribuír ao coñecemento das distintas rexións visitadas onde se realizarán os tratamentos termais.
Poderá solicitalo na Área de Servizos Sociais do Concello de Soutomaior solicitando cita previa de 9:30h a 13:30h no teléfono de atención e información 986 70 51 14 - 986 70 51 06 ou persoalmente nas dependencias municipais.
Máis información en http://www.soutomaior.com/actualidade/bando_termalismo.pdf
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre










