Artículos de Servicios Sociales y Sanidad

Reserva xa o PAQUETE SAÚDE E BENESTAR no Concello de Soutomaior

 

O Concello de Soutomaior, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, ofrece un novo programa destinado á SAÚDE E BENESTAR dos veciños do municipio, a través do cal ofrécese a posibilidade de disfrutar dunha estanza permanente durante uns días nos balnearios ou hoteis con spa da provincia, podendo recibir unha atención especializada en tratamentos termais, de saúde, benestar, descanso e actividades de ocio.

 

O programa desenvolverase aproximadamente nos meses de febreiro, marzo (exceptuando Semana Santa), abril e maio. Consiste en pasar seis días e cinco noites nun hotel da provincia de Pontevedra con spa, balneario ou outro tipo de instalacións, en réxime de pensión completa con bebidas incluídas. O paquete inclúe ademais da estanza e da pensión completa a utilización do spa, balneario ou outras instalacións de características similares.

 

Poderán acceder ao programa persoas que vivan na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, que estean en condicións de total autonomía e que reunan algún dos seguintes requisitos: ser maior de 50 anos, ser pensionista, ou que mediante un informe da traballadora social se constate que precisan un "respiro familiar".

 

O prazo para presentar a documentación en Servizos Sociais do concello de Soutomaior finaliza o día 25 de febreiro, só terán que presentar un impreso de solicitude, fotocopia do DNI, e, se é o caso, un certificado da pensión ou do informe social.

 

Solicitar cita previa de 9:30 a 13:30 chamando ao 986 70 51 14 ou 986 70 51 06 ou persoalmente nas dependencias municipais.

 

Máis información pinchando en:  

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO