Artículos de Servicios Sociales y Sanidad

O Concello de Soutomaior abre o prazo para solicitar a PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO DE 360€ POR FILL@

 

O Concello de Soutomaior informa a tod@s @s veciñ@s sobre as prestacións que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar para pais con fill@s menores de 3 anos.

 

Para aqueles proxenitores que, pola súa situación económica ou laboral, non estean obrigados a presentar a declaración da renda, existe a posibilidade de solicitar unha axuda de 360 euros. Algúns dos requisitos estipulados son: non ter presentado a declaración da renda do ano 2009, convivir co neno menor e que este non cumprise os tres anos antes do un de xaneiro deste ano.

 

Os solicitantes deben presentar a documentación xunto á solicitude antes do 28 de marzo en Servizos Sociais do Concello de Soutomaior de luns a venres de 9:30h a 13:00h ou no CIM situado nas instalacións do Multiusos de Arcade os luns e xoves de 9:00h a 14:00h e os mércores de 16:00h a 20:30h.

 

Máis información en http://www.soutomaior.com/

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO