Artículos de Servicios Sociales y Sanidad

O Concello de Soutomaior colabora economicamente coa prestación do servizo do comedor escolar no CPI Manuel Padín Truiteiro

 

A presente axuda pretende fomentar a existencia do servizo de comedor escolar do novo curso 2011/2012 no CPI Manuel Padín Truiteiro. O comedor escolar ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, desempeña unha destacada función social, por iso a Concellaría de Servizos Sociais colaborará economicamente coa prestación do servizo, axudando así ás familias con menores ingresos.

 

As accións previstas neste convenio de colaboración coa ANPA financiaranse a cargo do Concello de Soutomaior por importe máximo de 10.000 euros. A subvención financiará o 50% do custo total do uso do comedor escolar ás familias do alumnado de educación infantil (segundo ciclo) e educación primaria.

 

As familias interesadas en optar a esta axuda (pai, nai ou titor dun/dunha alumno/a matriculado no curso 2011-2012 do CPI referido) deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Que o/a solicitante das axudas e o alumno/a convivan e estean empadroados no Concello de Soutomaior.

- Non ter débedas con ningunha entidade pública.

- Cumprir o baremo económico recollido na Base V (ingresos da unidade familiar)

 

Xunto coa solicitude @s interesad@s deberán presentar no Concello de Soutomaior antes do 30 de setembro do presente ano os seguintes documentos:

1. Fotocopia de DNI dos membros da unidade familiar.

2. Certificado de convivencia da unidade familiar.

3. Fotocopia do libro de familia e, no seu caso, do libro de familia numerosa.

4. No caso de alegar non convivencia da parella, é dicir, de ser familia monoparental e de que o/a menor este recoñecido/a legalmente por ambos os dous pais e non exista matrimonio, achegarase certificado de non convivencia emitido pola policía local.

5. En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das aportacións por alimentos e/ou compensatorias ou no seu defecto, denuncia por incumprimento da sentenza.

6. En caso de que os/as menores estean en situación de acollemento por resolución administrativa ou auto xudicial, deberase acreditar mediante copia do certificado do organismo competente e, se é o caso, a contía da remuneración.

7. Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2010 de todos os membros computables da familia con obriga de declarar.

8. Documentos que xustifique os ingresos do presente ano de todos aqueles membros da unidade familiar que perciban rendas do traballo, pensións, etc. No caso de ser pensionistas ou desempregados/ás, achegarase certificado do organismo correspondente. No caso de ser autónomo deberá presentar as declaracións trimestrais ao longo do ano.

9. Vida laboral daqueles que formen a unidade familiar, que aleguen estar desempregados e os/as beneficiarios/as dunha pensión de viuvez ou de invalidez total.

10. Certificado de prestación por fillo a cargo, de ser o caso.

11. Xustificante de aluguer ou préstamo hipotecario, de ser o caso.

12. Xustificante da matrícula no C.P.I. Manuel Padín Truiteiro, do alumn@ para o que se solicita a subvención.

 

Para máis información chamar a Servicios Sociais do Concello de Soutomaior ao 986 705 114 e entrar nos seguintes enlaces:

Bando axuda municipal para o uso do comedor escolar do CPI Manuel Padín Troiteiro, para o curso 2011/2012

Bases reguladoras da axuda municipal para o uso do comedor escolar do CPI Manuel Padín Troiteiro, para o curso 2011/2012.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO