Artículos de Servicios Sociales y Sanidad

O Concello de Soutomaior únese á campaña "CON AITANA"

 

O Concello de Soutomaior apoia, unha vez máis, á Fundación Amigos de Galicia, que en colaboración coa Fundación Seur, está a levar a cabo unha iniciativa de reciclaxe solidaria para axudar a unha nena de nove anos chamada Aitana cunha CARDIOPATÍA CONXÉNITA.

 

A iniciativa consiste en recadar o maior número de tapóns de plástico, que serán postos a disposición dunha empresa de reciclaxe, para poder custear a intervención cirúrxica no Children´s Hospital de Boston, cuxo importe ascende a 300.000 euros.

 

Tras varias operacións, seis cateterismos e múltiples probas médicas ás que Aitana está sometida desde 2.006, a única solución que lle achegaron os médicos sería un dobre transplante de pulmón e corazón, sendo unha intervención moi complicada sen ningunha garantía de éxito, pero que lles abre unha xanela á esperanza.

 

O Concello de Soutomaior instalou unhas caixas de recollida de tapóns de plástico na mesma Casa Consistorial, no Pavillón "A Montesiña" e no Multiusos de Arcade para que os veciñ@s do municipio colaboren pola causa na campaña "CON AITANA", as caixas estarán dispoñibles durante un mes.

 

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen ánimos de lucro que colabora en prol dos máis necesitados da nosa sociedade. Así, desenvolve desde hai 10 meses en colaboración co Concello de Soutomaior, un Plan de Axuda para as Familias en Situación de Carencia de Recursos económicos, mediante o cal se dá cobertura ás necesidades básicas da vida cotiá das persoas en situación de necesidade do municipio, principalmente cando se trata de unidades familiares con menores ao seu cargo.

 

Pero hai situacións de necesidade que traspasan as fronteiras, como é o caso de Aitana, por iso solicitamos a túa colaboración.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO