O vindeiro luns finaliza o prazo para inscribirse no PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO

O PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO proporciona aos pensionistas prezos reducidos para acceder a establecementos especializados e así mellorar a súa calidade de vida. Actualmente, as persoas interesadas en anotarse na quenda de febreiro a agosto (ambos inclusive), poden solicitalo ATÉ O VINDEIRO LUNS 16 DE XANEIRO.
Tamén está aberto a quenda de setembro a decembro (ambos inclusive) e o prazo de presentación permanecerá aberto até o 16 de maio.
Poden ser beneficiarios do Programa de Termalismo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
• Ser pensionista do Sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando o beneficiario cumprise o sesenta anos de idade. Igualmente, poderán ser beneficiarios das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos de idade e cumpran co resto de requisitos.
• Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
• Poder valerse en por si para as actividades da vida diaria.
• Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
• Realizar, no prazo indicado na convocatoria de prazas, a solicitude e alcanzar o expediente de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas (consultar BASES).
Con esta actividade preténdese fomentar a convivencia e as relacións humanas, intercambiar coñecementos, experiencias entre os participantes, promover o gozar do lecer así como contribuír ao coñecemento das distintas rexións visitadas onde realizaranse os tratamentos termais.
Poderá solicitalo na Área de Servizos Sociais do Concello de Soutomaior solicitando cita previa de 9:30h a 13:30h no teléfono de atención e información 986 705 114 - 986 705 106 ou persoalmente nas dependencias municipais.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre










