Artículos de Tráfico y Seguridad Vial

A Xunta de Galicia fai entrega dunha motocicleta á Policia Local de Soutomaior

 

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, acompañado do edil de Tráfico e Seguridade Vial, Antonio Vidal Lage, acudiron o pasado día 3 de xaneiro ó municipio pontevedrés da Estrada para recoller unha MOTOCICLETA que a Xunta de Galicia entregou ó concello PARA USO DOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL.

 

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu na Estrada o acto de entrega de 20 vehículos todoterreo e 20 motocicletas para os Corpos de Policía Local de Galicia, ó que asistiron alcaldes dos municipios beneficiarios, os directores xerais de Administración Local e de Emerxencias -Norberto Uzal e Santiago Villanueva- e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entre outros.

 

Pola súa banda, Agustín Reguera indicou que se trata de incrementar un servizo que a sociedade considera prioritario, como é a seguridade, mellorando os recursos postos a disposición da Policia Local "con esta motocicleta incrementamos a calidade do servizo para os veciños e veciñas de Soutomaior", afirmou o alcalde.

 

As motocicletas entregadas ós concellos foron motos de patrulla, en unidades de motoristas, motos de desprazamento (tipo escúter) e motos todoterreo. Estas motos teñen un deseño e rotulación similar ó dos vehículos de catro rodas, como poden ser os logosímbolos, teléfonos de emerxencia, etc. En canto ó seu equipamento, consistirá nun mastro de luces, luces tipo led, serea, mando de control, carenado dianteiro para a protección aerodinámica, barras de protección laterais e maletas homologadas e/ou compartimentos de carga, con capacidade para aloxar o equipamento básico e as pezas de reserva do motorista.

 

Os todoterreos que o Goberno galego cede ós concellos foron adquiridos grazas ó Fondo de Compensación Ambiental, un fondo procedente do canon eólico que permite que os municipios galegos se beneficien por vez primeira das explotacións eólicas. Os vehículos entregados contan con aparatos de medición de ruídos e con dispositivos de toma de mostras para labores ambientais.

 

Deste modo, o Goberno galego segue contribuíndo a dotar dos medios materiais necesarios ás Policías Locais de Galicia, nunha aposta que se complementa co esforzo que se leva a cabo na formación dos axentes na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e co desenvolvemento da Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia.

  



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO