AGUSTÍN REGUERA pon en marcha a campaña “CONTO CONTIGO” para manter limpo Soutomaior

A campaña CONTO CONTIGO xa está en marcha, o equipo de goberno de Soutomaior pretende que todos os propietarios de cans sen excepción, recollan os excrementos das súas mascotas e que se respecten as normas básicas de convivencia entre veciños.
A campaña pretende concienciar ás persoas para que manteñan limpas as rúas de Soutomaior e informar da nova ordenanza na que se establece as normas para o comportamento de animais na vía publica.
A iniciativa foi o resultado das opinións recollidas polo alcalde dos residentes molestos polo desleixo dalgúns propietarios de cans. “Ter unha mascota na casa é sempre un motivo de ledicia, dannos moito e a cambio pidennos moi pouco” comenta Agustín Reguera “pero unha das cousas que as nosas mascotas non poden facer é recoller os seus excrementos, para nós é moi pouco esforzo, xa que é unha cuestión de hábitos” engade.
Por iso, a acción colectiva supón un gran beneficio para o municipio e os seus veciños, mellorando a convivencia e evitando grandes problemas hixiénicos e sanitarios, de seguridade e deterioración do noso contorno e da imaxe do Concello. Unha das actuacións levadas a cabo para fomentar a devandita acción colectiva foi a edición de 5.000 folletos informativos dirixidos a difundir a campaña do Concello de Soutomaior CONTO CONTIGO.
Sabías que... os excrementos caninos son a principal fonte de contaxio de enfermidades entre mascotas e poden crear no municipio zonas contaminadas por ovos de parasitos, capaces de infectar as persoas e producir diversas infeccións.
Así, na Ordenanza de Tenza de Animais na Vía Pública (BOP nº 169) obrígase os propietarios dos cans a conducilos pola vía pública sempre atados. Prohíbese que os animais domésticos realicen as súas deposicións sobre as beirarrúas, zonas verdes ou terrazas e restantes elementos da vía pública destinados ó paso ou estadía da cidadanía. O propietario do animal doméstico ou quen o teña ó seu coidado está na obriga de recoller e retirar das rúas, avenidas, parques e outros lugares públicos as deposicións ou materiais similares que deposite o animal, sendo o responsable da suciedade que este produza na vía pública.
Para iso, o Concello de Soutomaior pon a disposición dos soutomaioreses o KIT SANECAN que inclúe bolsas Sanecan e un dispensador para levalas máis comodamente. Trátase de axudarte a evitar as sancións, que oscilarán entre 50 e 600 euros según a gravidade do asunto, e cumprir co compromiso de manter as rúas limpas, o KIT poderase recoller nos edificios públicos do Concello de Soutomaior, como no Multiúsos, a Biblioteca de Arcade, ou na propia casa consistorial. Polo que, CONTAMOS CONTIGO para non saír de casa a pasear coa túa mascota sen a túa bolsiña de plástico.
Por outro lado, quedará prohibido o acceso ou permanencia de animais domésticos ou de compañía naqueles lugares de concorrencia pública e uso público tales como parques, alamedas, praias, xardíns, piscinas, etc. nos que a súa estadía resulta desaconsellable por razóns hixiénicas ou sanitarias, ou por resultar a súa natureza e comportamento incompatibles coa actividade que en tales lugares se desenvolva.
Para axudarte a manter limpo o municipio, o Concello de Soutomaior habilitou un espazo público para a túa mascota situado no Peirao de Arcade, ó lado da depuradora, un pequeno parque destinado ó recreo do teu can. Polo que, CONTAMOS CONTIGO para non saír de casa a pasear co teu can sen levalo atado mentres camiñas pola vía pública e facer uso do parque destinado para eles.
Non te equivoques, deixar os excrementos nun xardín ou zona verde non é beneficioso para a terra, non se convertirá en abono. Se o fas estarás a provocar un foco de infección e reducirás o espazo de recreo e desfrute de todos, pero especialmente dos nenos.
Para máis información chame o Concello de Soutomaior, 986 70 51 06 ou 986 70 51 14.
Máis de Med. Ambente
- O Concello de Soutomaior expresa o seu rexeitamento unánime ao transvasamento de auga nos ríos Verdugo e Oitavén que reclama o goberno local de Vigo
- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá máis de 374.000 euros nas obras de mellora de redes pluviais na estrada Pontecaldelas-Soutomaior
- AGUSTÍN REGUERA pon en marcha a campaña “CONTO CONTIGO” para manter limpo Soutomaior
- O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo servizo de recollida de automóbiles abandonados
- Recicle con la ayuda del Concello de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













