A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá máis de 374.000 euros nas obras de mellora de redes pluviais na estrada Pontecaldelas-Soutomaior
Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas investirá máis de 374.000 euros nas obras de mellora de redes pluviais na estrada Pontecaldelas-Soutomaior (PO-244). Estas obras de acondicionamento, que se encontran en fase de adxudicación, comezarán nas próximas semanas e teñen un prazo de execución de catro meses.
Así o explicou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, tras o encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que resaltou "estas obras buscan solucionar os problemas actuais existentes nesta estrada derivados sobre todo da carencia de recollida específica de augas pluviais".
Esta situación supón que as augas da chuvia son recollidas pola rede de colectores de saneamento de residuais, ocasionando problemas de funcionamento na depuradora do Río Verdugo en épocas de precipitacións. Ademais, o deteriorado estado da capa de rodadura aconsella unha pronta reparación. Con esta actuación presentada hoxe en Soutomaior, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas conseguirá unha considerable mellora das características do firme e a mellora do funcionamento da EDAR do río Verdugo, cuxa explotación pasou este ano da Xunta ao Concello.
As obras teñen por obxecto efectuar melloras en materia de augas pluviais na citada estrada, concretamente no intervalo comprendido entre os puntos quilométricos (pk) 10 + 200 e 11 + 300. Deste modo, executarase unha nova rede de colectores de recollida de augas pluviais independente, conectando os sumidoiros existentes e as acometidas das vivendas á rede. Os colectores proxectados discorrerán polo centro do carril esquerdo, situándose baixo a calzada, polo que será necesaria a reposición de firme.
O proxecto tamén considera a rehabilitación do firme naquelas zonas onde estea esgotada a capacidade estrutural. Así, executarase 8.600 metros cadrados de reposición de firme, que inclúe a capa de rodadura en todo o vial. Realizarase, así mesmo, unha reposición de tapas dos servizos existentes e sinalización horizontal.
Outros investimentos en Soutomaior
Este proxecto de mellora da rede de augas pluviais no Concello de Soutomaior súmase a outros que a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas está a executar neste concello pontevedrés tanto no ámbito da administración hidráulica como no das infraestruturas e que suman máis de 2,6 millóns de euros. Trátase sobre todo de actuacións de acondicionamento e mellora na EDAR de Arcade, unha instalación que a Xunta ten en explotación e que supón un investimento de 2,6 millóns de euros ata 2020. A finais do ano pasado, ademais, a Xunta levou a cabo a construción de beirarrúas na estrada PO-244, ao seu paso por Soutomaior, na que investiu máis de 20.000 euros.
Por outra parte, o Goberno galego comprometeu un investimento de 80.000 euros para axudar na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, en coherencia coa política defendida polo Goberno galego que busca conseguir que todos os concellos galegos se doten o antes posible do instrumento básico de planificación municipal, o PXOM.
Máis de Med. Ambente
- O Concello de Soutomaior expresa o seu rexeitamento unánime ao transvasamento de auga nos ríos Verdugo e Oitavén que reclama o goberno local de Vigo
- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá máis de 374.000 euros nas obras de mellora de redes pluviais na estrada Pontecaldelas-Soutomaior
- AGUSTÍN REGUERA pon en marcha a campaña “CONTO CONTIGO” para manter limpo Soutomaior
- O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo servizo de recollida de automóbiles abandonados
- Recicle con la ayuda del Concello de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













