PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Vías e Obras

O Concello de Soutomaior MELLORA OS ACCESOS entre Romariz e Comboa


O Concello de Soutomaior está a levar a cabo unha serie de actuacións de renovación en vías e rúas da localidade co fin de mellorar as comunicacións existentes. A ESTRADA DE COMBOA, foi unha das rúas renovadas debido ao intenso tráfico de vehículos e peóns que xera a unión entre os núcleos de Romariz e Comboa.


Esta mañá, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xunto ós concelleiros de Urbanismo e Cultura, Ramón Fernández e Dolores Cernadas, supervisaron as obras da baixada de Comboa, cuxo investimento total foi de 120.000 euros.


As obras consistiron na dotación e pavimentación de beirarrúa de 2 m de ancho nunha soa marxe ao longo de 400 m, para que os peóns non se sintan desprotexidos fronte aos vehículos e facilitarlles o acceso peonil entre os núcleos de Romariz e Comboa. Así mesmo, proxectouse unha canalización baixo a beirarrúa, para futuras instalacións, composta por unha canalización de PVC de 110 mm.


A baixada de Comboa tamén foi dotada de redes diferenciadas de saneamento para augas pluviais. Ademais mellorouse a iluminación exterior mediante a instalación de 10 báculos. E finalmente, levouse a remato o asfalto da vía.


Para tales fins, houbo que realizar un desmonte lateral conseguindo un ensanche de 4 metros. "Houbo que facer algúns movementos de terra no Monte Meixoeiro para conseguir unha maior amplitude" comenta Agustín Reguera, Alcalde de Soutomaior, ao que engade "o resultado da obra non podería ser mellor, ademais, conseguimos mellorar o acceso a praia fluvial de Veiguiña Longa".




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO