PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Vías e Obras

O Concello de Soutomaior potenciará a PEATONALIZACIÓN na RÚA ILLAS ALVEDOSAS de ARCADE

 

O Concello de Soutomaior potenciará a área comercial na rúa Illas Alvedosas, zona do casco urbano de Arcade, onde se iniciarán en breve as obras para humanizar e revitalizar o lugar. A prioridade do proxecto será o tratamento ó peón, co fin de lograr unha área para uso e desfrute dos habitantes do municipio.

 

O obxectivo do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, é o de dinamizar o comercio da rúa Illas Alvedosas en Arcade. Para iso potenciarase a súa PEATONALIZACIÓN, co tratamento de materiais nobres do seu pavimento, ensanchando as súas beirarrúas e mellorando a súa iluminación. A presente actuación comprende as seguintes obras:

 

. Levantamento do firme existente en calzadas e beirarrúas.

 

. Rede de Pluviales.

 

. Base de formigón para firmes.

 

. Solados de pedra.

 

. Pavimentación.

 

. Iluminación Pública.

 

. Obras Complementarias.

 

O resultado do proxecto de humanización da rúa Illas Alvedosas, supoñerá un investimento de 163.534 euros, o 75% será financiado pola Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO