A Casa da Cultura de Soutomaior transfórmase en AUDITORIO
O Concello de Soutomaior está a levar a cabo as obras de reforma da Casa da Cultura permitindo a súa configuración como auditorio, dando pé a unha rehabilitación interior que contribuíu á optimización da eficiencia enerxética do edifico, mellorando a súa iluminación e o seu comportamento térmico e acústico.
A execución da obra "Reforma Casa da Cultura de Soutomaior" foi financiada na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra, alcanzando un custo de 226.560 euros. O pasado luns, 28 de marzo, o alcalde de Soutomaior visitou as instalacións para comprobar o bo estado das obras que se están a levar a cabo para completar a reforma.
Acometeuse a reparación de elementos deteriorados, humedades e problemas de reverberación que presentaba anteriormente, procedendo a unha redistribución da planta principal para incorporar o novo uso.
Conta cun novo escenario rematado en madeira de carballo, que posibilitará o aproveitamento da Casa da Cultura para futuras representacións teatrais, proxección de películas, entregas de premios e celebración de eventos.
Incorporáronse novos aseos na planta principal, incluíndo un adaptado, permitindo que a planta de soto se destine exclusivamente a camerinos.
Así mesmo, renovouse o cableado e cadros de instalación eléctrica e dispúxose unha instalación de ventilación. Quedando por colocar as butacas e realizar algúns retoques para finalizar a obra.
Máis de Vías e Obras
- O Ministerio de Fomento inclúe no Proxecto “Eje Atlántico de Alta Velocidad” ZONAS VERDES E DE APARCADOIRO en Arcade trás a solicitude do goberno local
- As obras de acondicionamento na rúa Alexandre Bóveda de Soutomaior concluirán dentro do prazo establecido
- A Casa da Cultura de Soutomaior transfórmase en AUDITORIO
- O Concello de Soutomaior potenciará a PEATONALIZACIÓN na RÚA ILLAS ALVEDOSAS de ARCADE
- O Concello de Soutomaior MELLORA OS ACCESOS entre Romariz e Comboa
- El Concello de Soutomaior prepara y garantiza el disfrute de sus playas.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













