PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Vías e Obras

As obras de acondicionamento na rúa Alexandre Bóveda de Soutomaior concluirán dentro do prazo establecido

 

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, percorreu esta mañá a rúa Alexandre Bóveda onde a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia executa obras de acondicionamento para mellorar as redes pluviais na estrada Ponte Caldelas - Soutomaior (PO-244). Uns traballos iniciados o pasado mes de xuño que concluirán a semana que vén, dentro do prazo establecido, e que supoñen un investimento de máis de 374.000 euros.

  

“Estas obras buscan solucionar os problemas actuais existentes nesta estrada derivados sobre todo da carencia de recollida específica de augas pluviais” así o explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, tras o encontro co conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, realizado o pasado mes de marzo na presentación do proxecto (abaixo na fotografía).

 

 

Ademais, instalaranse tres pasos elevados co fin e a necesidade de conseguir que os vehículos reduzan a velocidade de circulación ao acceder á vía, e así mellorar a seguridade das persoas viandantes, segundo explicou hoxe o rexedor, Agustín Reguera. A instalación destes pasos elevados levarase a cabo os próximos días.

 

As obras teñen por obxecto efectuar melloras en materia de augas pluviais na citada estrada, concretamente no intervalo comprendido entre os puntos quilométricos (pk) 10 +200 e 11 +300. Deste modo, executouse unha nova rede de colectores de recollida de augas pluviais independente, conectando os sumidoiros existentes e as acometidas das vivendas á rede. Os colectores proxectados discorrerán polo centro do carril esquerdo, situándose baixo a calzada, polo que será necesaria a reposición de firme.

 

Con esta actuación, a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas conseguirá unha considerable mellora das características do firme e a mellora do funcionamento da EDAR do río Verdugo, cuxa explotación pasou este ano da Xunta ao Concello.

 

Este proxecto de mellora da rede de augas pluviais no Concello de Soutomaior súmase a outros que a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas está a executar neste municipio pontevedrés tanto no ámbito da administración hidráulica como no das infraestruturas e que suman máis de 2,6 millóns de euros. Trátase sobre todo de actuacións de acondicionamento e mellora na EDAR de Arcade, unha instalación que a Xunta ten en explotación e que supón un investimento de 2,6 millóns de euros ata 2020. A finais do ano pasado, ademais, a Xunta levou a cabo a construción de beirarrúas na estrada PO-244, ao seu paso por Soutomaior, na que investiu máis de 20.000 euros.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO