PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Vías e Obras

O Ministerio de Fomento inclúe no Proxecto “Eje Atlántico de Alta Velocidad” ZONAS VERDES E DE APARCADOIRO en Arcade trás a solicitude do goberno local

 

O Ministerio de Fomento incluíu no Proxecto "Eje Atlántico de Alta Velocidad". Tramo: Soutomaior-Vilaboa (Pontevedra)" ZONAS VERDES E DE APARCADOIRO sobre o Túnel Artificial de Arcade, ademais dunha Zona verde anexa ao Túnel Artificial alén da estrada N-550, trás a solicitude de melloras polo Concello de Soutomaior que inicialmente non figuraban nas obras planificadas.

 

O alcalde, Agustín Reguera, explicou que se crearon máis de 100 prazas de aparcadoiro, 45 no aparcadoiro sobre o túnel e o resto na zona anexa, paralela á vía do tren. Así mesmo establecéronse 3.500 m2 de área verde na zona urbana, implantando unha nova zona de paseo entre xardíns situado alén da estrada N-550. Con esta mellora, o Concello de Soutomaior pretende dar resposta á escasez de prazas de estacionamento no centro urbano, unha das principais demandas tanto d@s veciñ@s como dos comerciantes de Arcade.

 

 

 

A Acta de Entrega Definitiva foi asinada o pasado 11 de outubro polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e polo Enxeñeiro Director das obras, Gabriel García, en representación da Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias; asumindo así o Concello de Soutomaior a explotación e conservación das obras postas en servizo.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO