PDF Imprimir Correo-e
Artículos de Tráfico y Seguridad Vial

Cambio de sentido para o tráfico de Soutomaior


A Concellaría de Tráfico do Concello de Soutomaior informa que, nos próximos días, haberá un cambio de dirección das rúas Caeiro, Loureiros, Leiras e Carballal. A devandita proposta foi aprobada recentemente co fin de mellorar as comunicacións pola Comisión de Tráfico co visto e prace de todos os grupos políticos.


Os condutores poderán circular pola rúa Caeiro en sentido único cara á saída da N-550, mentres que en Barroncas se mantén o dobre sentido e a rúa Loureiros será de sentido único dende a Praza de Cimadevila cara a Barroncas.


Outra modificación establecida sitúase na rúa Carballal que será de sentido único con saída cara á Estrada de Soutomaior. A rúa Leiras tamén se verá afectada, será de sentido único de entrada pola Avda. Xosé Solla cara a Valmonte.

Estes cambios de sentido veñen recollidos no Plan Integral de Tráfico que se vén desenvolvendo dende hai un tempo.




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO