PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Xuventude

As actividades do mes de xullo organizadas polo Concello de Soutomaior chegan á súa fin... pero continúan as do mes de agosto!

 

 

Numerosas persoas de todas partes reuniranse este venres, 29 de xullo, para disfrutar dos mellores artistas da nosa terra que nos ofrecerán música en directo. LEYENDAS, DRUÍDAS, CARAMUXO VERMELLO e GÜINTERVAND, todos eles formarán a IV edición do FESTIVAL ROCK NA RIA.

 

O lugar elixido para a edición 2011 de ROCK NA RÍA será o Peirao de Arcade e dará comezo ás 22,00 horas da noite cunha duración aproximada de catro horas, nas que @s moz@s poderán gozar gratuitamente de diversos estilos de música como o Blues, Retro...

 


Ver mapa más grande

 

 

MENTRES TANTO, ARCADE PONSE EN FORMA BAILANDO A RITMO VERANIEGO

Nen@s e adult@s de Soutomaior póñense en forma os martes e xoves no porto de Arcade bailando a ritmo veraniego. Esta actividade gratuíta, organizada pola Concellaría de Xuventude, logrou un importante éxito ao reunir en cada xornada a persoas de todas as idades para disfrutar desta práctica deportiva ao aire libre. @s participantes exercítanse durante unha hora, dende as 20,00 horas ata as 21,00 horas, mediante bailes con estilos musicais diferentes como batuka, aerobic, baile moderno e ritmos latinos.  

 

 Se queres ver como se BAILA A RITMO VERANIEGO fai click AQUÍ  

 

 

As ACTIVIDADES DE VERÁN no CONCELLO DE SOUTOMAIOR chegan á súa fin, oooohhh... : - (

As ACTIVIDADES DE VERÁN´11 organizadas entre as concellarías de Deporte, Cultura e Xuventude, chegan á súa fin. Este SÁBADO 30 de xullo celebrarase un FESTIVAL DE CLAUSURA no Peirao de Arcade a partir das 21,30 horas. Estades tod@s invitad@s!! participantes, pais, nais, avós, avoas, amig@s, veciñ@s... para celebrar todos xuntos o GRAN FESTIVAL de peche do programa de actividades.

 

PROGRAMA 4ª SEMANA "Actividades de Verán´11" 

 

 

MES DE AGOSTO...



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO