PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Xuventude

Centos de persoas despiden as ACTIVIDADES DE VERÁN organizadas polo Concello de Soutomaior

 

As ACTIVIDADES DE VERÁN´11 do Concello de Soutomaior foron clausuradas este sábado 30 de xullo cun FESTIVAL no Peirao de Arcade, celebración que reuniu centos de persoas conseguindo reunir tod@s @s participantes, máis de 350 mozos e mozas empadroad@s no Concello de Soutomaior, ademais de pais, nais, avós, avoas ou amig@s...

 

Na clausura estreouse o novo anuncio de promoción do Concello realizado polos nin@s do municipio. Sen esquecernos que, en anteriores edicións, durante dous anos seguidos conseguiron o primeiro premio da Feira Ferpalia ao Mellor Anuncio Promocional. Este ano, contaron coa actuación da Compañía PINGA TEATRO coa obra "O Bufón do Reino".

 

Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior, agradeceu aos concelleiros de Deporte, Cultura e Xuventude polo seu labor como coordinadores e axuda incondicional, así como tamén ao seu grupo de monitores polo seu gran labor, paciencia e profesionalidade e como non, a todos os asistentes.

   

 

Como cada ano pais e nenos acaban encantados con esta experiencia, estas actividades fan que os xóvenes sigan motivados. Teñen actividades estructuradas e dirixidas polos monitores e de natureza moi variada, xa que entre elas practican, hípica, obradoiros de manualidades, karting, paintball, acampadas, vela, piragüismo, comparten xogos cos seus pais, visitas a outras cidades entre outras moitas actividades relacionadas coa cultura, o medioambiente, o deporte e o ocio. Esta variedade fai que os particpantes estean ilusionados cada día durante todo o mes de xullo.

 

Estas ocupacións forman parte dun programa organizado polo Concello de Soutomaior, cuxa finalidade é ofertar unha alternativa @s nen@s e que permanezan no municipio durante o verán, tal e como afirma o rexedor Agustín Reguera "grazas a esta iniciativa axúdaselle ás familias a compaxinar a súa vida laboral e profesional"  apunta.

  

 

Fai 11 anos, medio centenar de moz@s iniciaban as ACTIVIDADES DE VERÁN ofrecidas polo Concello de Soutomaior, os anos foron pasando e a cifra de participantes foi aumentado. Agustín Reguera comentábanos que por aquel entón "o noso Concello tiña 5.300 habitantes, e hoxe somos mais de 7.300, cun incremento de mais do 40%. Hai que ter en conta que no ano 2001 nacían 50 nen@s e agora nacen mais de 85 por ano, o que supón un incremento do 60%, por iso, a nosa preocupación polos mais pequenos debe seguir sendo unha prioridade".

 

Por último, o rexedor quixo destacar que o máis importante destas xornadas de convivencia foi o compañeirismo, a amizade e a ilusión que xurdiu entre os participantes ao ter a oportunidade de relacionarse con outros compañeiros do municipio que abranguen as idades de entre 3 e 16 anos.

 

As actividades do mes de xullo chegaron á súa fin, pero... CONTINÚAN AS DO MES DE AGOSTO: cine, música, cultura, torneos, novos espectáculos de maxia e teatro ou as festas patronais son algúns dos eventos e actividades planificadas para este mes.

   

CALENDARIO AGOSTO

■Do 1 ao 6 de agosto 2011 Información: Pavillón "A Montesiña" 986 700 964 e Caixanova Campo Municipal de "O Salgueirón" Fútbol CRACKS 2011 + INFO

■Venres, 5 de agosto ás 22,00 horas Casa da Cultura de Soutomaior ESPECTÁCULO DE MAXIA a cargo do Mago Paco + INFO

■Sábado, 6 de agosto ás 20,00 horas Soutomaior SAN SALVADOR: Misa, Procesión e actuación Agrupación Musical Artística de Arcade + INFO

■Domingo, 7 de agosto Misas ás 9,00h, 10,30h y 12,00h Iglesia de Soutomaior e Capela SAN CAETANO: Misas; Procesión; Grupo de Gaitas de Soutomaior, Grupo Folclórico e Pandereteiras "Soutomaior" + INFO

■Domingo, 7 de agosto Peirao de Arcade TROFEO "Concello de Soutomaior" DE ESQUÍ NÁUTICO + INFO

■Xoves, 11 de agosto ás 22,30 horas Peirao de Arcade CINE AO AIRE LIBRE "Marmaduke" + INFO

■Venres, 12 de agosto ás 21,00 horas Multiusos de Arcade, CULTURA CONTACONTOS MUSICAL "Os novos músicos de Bremen" + INFO

■Luns, 15 de agosto do 2011 Campo Municipal de "O Salgueirón" TROFEO CONCELLO DE SOUTOMAIOR DE FÚTBOL + INFO

■Do 17 ao 28 de agosto Pistas Pavillón "A Montesiña" TROFEO CONCELLO DE SOUTOMAIOR "TENIS & PADEL". Inscricións: Oficina Municipal de Turismo (Peirao de Arcade)

■Do 20 ao 21 de agosto Peirao de Arcade CONCENTRACIÓN DE SEAT 600 + INFO

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO