PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Xuventude

Soutomaior e Pazos de Borbén organizan conxuntamente un FIN DE SEMANA ESTELAR para fomentar espazos de convivencia e interacción entre moz@s

 

Os Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén levarán a cabo os días 17 e 18 de setembro un FIN DE SEMANA ESTELAR, xornadas lúdicas e educativas que teñen como finalidade fomentar espazos de convivencia e interacción entre moz@s de localidades próximos entre 12 e 17 anos.

 

Durante o fin de semana participarán en actividades como orientación deportiva no medio natural, animacións, reunión nocturna de astronomía (inclúe actividade práctica de observación de estrelas no Monte Galleiro) e o domingo pola mañá paseo a cabalo polos montes de Ponte Caldelas. Todas as actividades estarán guiadas por monitor@s titulados en tempo libre e monitores especialistas para as actividades de astronomía e de hípica.

 

@s xóvenes de Soutomaior encontraranse cos xóvenes de Pazos e de Fornelos na casa de turismo rural situado no Monte Galleiro onde se coñecerán e pasarán dous días de convivencia facendo actividades lúdicas e formativas. @s participantes durmirán nunha casa de turismo rural que pertence ao Concello de Pazos de Borbén de titularidade municipal.

 

A actividade inclúe: persoal contratado para prestar o servizo, cea do sábado e almorzo do domingo, programa de actividades lúdicas e desprazamentos dende Arcade e Soutomaior ata os lugares onde se desenvolven as actividades.

 

PROGRAMA

SÁBADO 17 DE SETEMBRO

12,00 Chegada a Pazos de Borbén - Monte Galleiro

12,05 Acomodación de participantes

12,45 PRESENTACIÓN DE MONITORES/AS E PARTICIPANTES:

Soutomaior e Pazos de Borbén. Xogos de presentación e dinámicas de grupo

Actividades de iniciación á orientación deportiva

14,00 Pícnic (a cargo dos/as participantes)

16,30 Inicio da ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN: grupos, explicación e posta en marcha.

19,00 Hixiene persoal e tempo libre

21,00 Cea

22,00 ACTIVIDADE DE ASTRONOMIA

00,30 A DURMIR

 

DOMINGO 18 DE SETEMBRO

9:00 Erguerse

9,15 Almorzo e recollida de material

10,00 Saída para a hípica

10,30 Ruta a cabalo

12,30 Despedida

13,00 Volta e fin da actividade

 

DOCUMENTACIÓN E INSCRICIÓNS

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán presentar na OMIX (Multiusos de Arcade) antes do 9 de setembro:

- Fotocopia do DNI e da tarxeta sanitaria

- Ficha de inscrición cuberta e asinada

- Facer o pagamento da actividade no momento da inscrición (12 euros)

 

O número total de prazas é de 35. O Concello de Soutomaior dispón de 20 prazas.

Máis información e inscricións no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

SOLICITUDE "FIN DE SEMANA ESTELAR" 

MÁIS INFORMACIÓN



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO