PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Xuventude

A Concellería de Xuventude de Soutomaior organiza charlas informativas para dar a coñecer a mellor forma de viaxar e aprender idiomas

 

A Concellería de Xuventude de Soutomaior organiza dúas charlas en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude dirixidas a mozos e mozas de 13 a 35 anos que desexen informarse sobre o PROGRAMA XUVENTUDE EN ACCIÓN e sobre o SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO. Estes programas permiten aprender unha lingua extranxeira mediante intercambios xuvenis noutros países

  

OBRADOIRO: Xuventude en acción _ intercambios e iniciativas no estranxeiro (2h)

Contidos: falarase do programa xuventude en acción e das posibilidades que este programa oferta á mocidade para viaxar ao estranxeiro e aprender un idioma. O programa articúlase arredor de 5 accións abertas cada unha delas á participación de mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 30 años e de quenes traballan no ámbito da xuventude. As persoas solicitantes deben ser residentes dos Estados membros da Unión Europea, aínda que tamén contempla a participación de mozos e mozas de países socios.

 

Unha prioridade importante para a Comisión Europea é que mozos e mozas con menos oportunidades, xa sexa por razóns culturais, económicas, sociais, xeográficas ou con algunha discapacidade física ou mental, poidan participar no programa.

 

Entre os obxetivos do programa destacan:

• Promover a cidadanía activa da mocidade

• Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia

• Favorecer o entendemento mutuo entre mozos e mozas de países diferentes.

• Favorecer a cooperación europea no ámbito da xuventude.

 

Destinatari@s: moz@s de 13 a 35 anos.

Data e hora: venres 30 de setembro de 18:00h a 20:00h

Lugar: Multiusos, Arcade

Imparte: mozos e mozas que participaron no programa. DXX da Xunta de Galicia.

Prazo de inscrición: ata o 22 de setembro

 

OBRADOIRO: Servizo de Voluntariado Europeo (2h)

Contidos: falarase do programa de voluntariado europeo da Xunta de Galicia dirixido á mocidade. Exposición de experiencias e vantaxes de participar en programas europeos de voluntariado.

 

O Servizo Voluntario Europeo é unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.

 

O Servizo Voluntario Europeo (SVE) apoia o traballo voluntario transnacional da mocidade. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea. Promove a cidadanía activa e a comprensión mutua entre @s moz@s.

 

O SVE realízase a través de actividades que implican unha asociación entre organizacións (promotores) sen ánimo de lucro legalmente establecidas, que envían ou acollen voluntarios.

 

Os voluntari@s desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade.

 

Destinatari@s: moz@s de 14 a 35 anos.

Data e hora: venres 23 de setembro de 18:00h a 20:00h

Lugar: Multiusos, Arcade

Imparte: mozos e mozas que participaron no programa. DXX da Xunta de Galicia.

Prazo de inscrición: ata o 20 de setembro

 

PRAZAS VANCANTES!!!! ANOTARSE NA OMIX Telf.: 986 800 722 ou enviar e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO