O Concello de Soutomaior cubre as 25 prazas que se ofertaban para o curso de DIETÉTICA & NUTRICIÓN

Comeza o curso de DIETÉTICA & NUTRICIÓN, coordinado pola Concellaría de Xuventude de Soutomaior en colaboración coa Deputación de Pontevedra, enmarcado no Programa Actívate 2011.
A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra, convocou novamente para o ano 2011 un catálogo de cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral.
O curso de DIETÉTICA & NUTRICIÓN foi inaugurado a semana pasada pola edil de Xuventude de Soutomaior, Noelia Ocampo, que deu a benvida @s 25 participantes do curso. Este curso impartirase os martes e xoves de 17h a 20h no Centro do Multiusos situado en Arcade, cunha duración de 30 horas.
As persoas que finalicen o curso, con éxito, recibirán un diploma expedido pola Deputación de Pontevedra.
Máis información en ACTÍVATE 2011 - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Máis de Xuventude
- Novas actividades Xuventude
- I Concurso Karaoke
- O Concello de Soutomaior pon en marcha un Programa de Dinamización no comedor escolar do Colexio Manuel Padín Truiteiro
- O Concello de Soutomaior comeza o Programa de Orientación Académica e Profesional nos Centros Escolares
- Confección de Maios 2012
- CURSO MONOGRÁFICO DE MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR
- ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE XUVENTUDE
- O Concello de Soutomaior pon en marcha novos cursos de formación, lecer e creatividade
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













