O Concello de Soutomaior presenta o programa de actividades para festexar o SAMAIN 2011

O Concello de Soutomaior presenta o programa de actividades que se van a levar a cabo para festexar este ano o SAMAÍN. O festexo terá lugar o sábado 29 de outubro de 2011 no Pavillón da Montesiña.
A celebración do Samaín é un vestixio que arranca das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas celtas. En Galicia, na actualidade, séguese a manter esta tradición e o Concello de Soutomaior quéreo festexar con actividade variadas para todos os públicos.
PROGRAMA 2011
MAÑÁ
*Curso de elaboración de chulas e biscoito de cabaza
Horario: 10,00 a 12,00 h
Idades: de 5 a 16 anos (faremos grupos por idades)
Inscrición previa: ata 27 de outubro na OMIX, prazas limitadas.
Lugar: Local Baixo Praza de Abastos (Arcade)
TARDE
17 a 20h *Obradoiro de maquillaxes e Xogos
17 a 20 h *Casa do terror
Dirixida a todas as Idades para pasar unha tarde de medo!!!
Inscricións previas o mesmo día na entrada da actividade.
Entrarase en grupos de 12 persoas e por idades.
20 a 20,30 h *Concurso de cabazas
Participarán todas as persoas que traian a súa Cabaza tallada da casa.
As bases pódense descargar en: www.soutomaior.com
20,30 a 20,40 h *Baile Final
20,40 a 21,00 h *Degustación de chulas e biscoito de cabaza elaboradas no obradoiro de cociña de Samaín.
A principal novidade deste ano é que poderán participar na CASA DO TERROR persoas de todas as idades. Os grupos faranse en función das idades e as sorpresas no interior da casa serán diferentes para cada público.
Outras cuestión a destacar é que haberá que inscribirse previamente para participar no OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CHULAS E BISCOITO DE CABAZA. Este obradoiro desenvolverase pola mañá o sábado 29 de outubro, no baixo do Local da Praza de Abastos. Vai dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 5 e os 16 anos (farase grupos por idades).
As persoas que desexen participar no II CONCURSO DE CABAZAS terán que traer a cabaza tallada e decorada da casa. Inscribiranse para participar, o mesmo día nos obradoiros da tarde. As bases para participar no concurso están publicada na web www.soutomaior.com
O prazo xa está aberto e as prazas son limitadas. A información pódese descargar na páxina www.soutomaior.com/xuventude ou tamén no facebook de xuventudesoutomaior. O horario de atención ao público da OMIX da OMIX é de 15,30 a 20, 30 de luns a venres agás os mércores que é de 9 a 14 h.
Imaxes do SAMAIN 2010
Máis de Xuventude
- Novas actividades Xuventude
- I Concurso Karaoke
- O Concello de Soutomaior pon en marcha un Programa de Dinamización no comedor escolar do Colexio Manuel Padín Truiteiro
- O Concello de Soutomaior comeza o Programa de Orientación Académica e Profesional nos Centros Escolares
- Confección de Maios 2012
- CURSO MONOGRÁFICO DE MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR
- ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE XUVENTUDE
- O Concello de Soutomaior pon en marcha novos cursos de formación, lecer e creatividade
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













