O Concello de Soutomaior supera os 500 participantes na décima edición do Concurso de Postais de Nadal
A entrega de premios da X edición do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL organizado polo Concello de Soutomaior, celebrada o pasado sábado no Multiusos de Arcade, superou este ano récord de participación ao recibir 524 traballos. Ariana Lusquiños Peón conseguiu o primeiro premio na categoría de 2 a 4 anos; Nerea Bascuas Ríos na de 5 a 8 anos; Aarón Campos García na de 8 a 12 anos; Martín Alján Poza na de 13 a 17 anos; David Teixeira Barciela na de maiores de 18 anos; e Adriana García Mos e Basilio Vidal Rey na categoría tridimensional.
Nesta edición participaron 27 persoas na categoría A; 193 na categoría B; 132 na categoría C; 8 na categoría D; e 16 na categoría E; sumando así un total de 524 participantes.
Este ano a participación foi maior que o ano anterior, a Concellaría de Xuventude de Soutomaior conseguiu pasar de 446 participantes na edición anterior a contar con 524 este ano. A entrega de premios aos gañadores foi amenizado polo Circo Lapsus.
As persoas que recolleron o premio foron:

As persoas asistentes ao acto recibiron un libro como obsequio do Concello de Soutomaior.
A exposición das postais permanecerá aberta ao público até o 10 de xaneiro. Despois da exposición as persoas interesadas en recuperar as súas postais poderán facelo presentando un escrito de solicitude. As postais premiadas non se entregarán.
Máis información en CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE SOUTOMAIOR
Máis de Xuventude
- Novas actividades Xuventude
- I Concurso Karaoke
- O Concello de Soutomaior pon en marcha un Programa de Dinamización no comedor escolar do Colexio Manuel Padín Truiteiro
- O Concello de Soutomaior comeza o Programa de Orientación Académica e Profesional nos Centros Escolares
- Confección de Maios 2012
- CURSO MONOGRÁFICO DE MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR
- ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE XUVENTUDE
- O Concello de Soutomaior pon en marcha novos cursos de formación, lecer e creatividade
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













