Soutomaior Taxa Natalidade
O Concello de Soutomaior obtivo a maior taxa de natalidade de Galicia
A poboación galega diminuíu, ao longo do ano 2011, un 0,5 por cento, de modo que se mantén a tendencia iniciada o ano anterior, cando a comunidade perdeu un 0,1 por cento dos seus habitantes.
O máis avultado deuse en Ourense, cunha caída do 0,9 por cento, e o menor, na Coruña, dun 0,3 por cento.
Son datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), que se basean nas cifras do padrón municipal de habitantes do 1 xaneiro de 2012 e que reflicten que todas as provincias de Galicia presentaron decrecimientos nos seus residentes en 2011.
E por municipios, os que obtiveron maiores taxas de natalidade foron os pontevedreses de Soutomaior (15,9), Barro (14,4) e Salceda de Caselas (13,3) e os coruñeses de Ames (13,6) e Oroso (13,4).
Non chegan ao sete defuncións por cada mil habitantes os coruñeses de Ames (4,5), Oroso (5,9), Arteixo (6,1), Pontecesures (6,4) e Culleredo (6,6) e os pontevedreses de Salceda de Caselas (5,7), Soutomaior (6,6) e Gondomar (6,8).
O dato de Pontevedra situouse na media galega e Lugo alcanzou un 0,8 de diminución. Así as cousas, nese ano, o número de nacementos por cada mil habitantes foi de 7,7 e de novo rexistraron mellores datos as provincias da Coruña (8,1) e Pontevedra (8,5). Pola súa banda, Lugo rexistrou 6,2 nenos por cada milleiro de veciños e Ourense viu diminuír este índice até os 5,9.