Luns, 21 Mai 2018 09:34

3ª Carreira de orientación Concello de Soutomaior

A orientación é unha actividade física ao aire libre que nos permite gozar da contorna, xa sexa urbano ou natural, sen perdernos. O deporte en si consiste en ir localizando uns postos de control ou balizas situadas no terreo. Para iso, dispoñemos da axuda dun mapa no que aparecen sinalados con precisión os lugares onde se atopan ditas balizas.

Os controis estarán dispostos polo centro urbano en lugares que nos poden ser familiares; por tanto, será difícil perderse, pero… deberás saber situarche no mapa, porque de nada sérveche correr moito se non se é capaz de atopar os postos de control.

 

VII Edición da Liga AROMON Chema-Sport .

A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.

Esta sexta proba, será o domingo 27 de maio de 2018, a partir das 10:00, no entorno urbano de Arcade.

Contaremos con unha única modalidade (a pé), con tres percorridos:

  • Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos)
  • Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia)
  • Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, Só para federados en orientación)

Custo:

  • Empadronada/o no Concello de Soutomaior: 0 euros
  • Socio do club Federado FEDO (AROMON): 0 euros
  • Federado FEDO de 15 anos ou menos: 0 euros
  • Nenos NON empadronados de 15 anos ou menos (non federados): 2 euros
  • Socio do club NON Federado FEDO: 4 euros
  • Federado FEDO non socio do club (>15 anos) (Percorrido AVANZADO): 8 euros
  • Non empadronados e NON socio de 16 anos ou máis: 6 euros

Inscricións:

Na oficina do club AROMON, ou a través do formulario: https://goo.gl/wVqFGQ

 

AXENDA MUNICIPAL

carreira-orientacion.png

Concellería de Deportes 
3ª Carreira de orientación Concello de Soutomaior
Do: 27-05-2018 ó: 27-05-2018 / Inscricións ata: 22 Mai 2018 
Lugar da actividade: Peirao de Arcade 
Destinatarios/as: Todo público 

Inscrición en liña

Formulario en Liña 3a Carreira de Orientación

Publicado en Deportes e Pavillón
Descargar adjuntos:

18-Bases-3-carreira-orientacion.pdf (18 Descargas)

Información adicional

  • Inscricións ata: Martes, 22 Mai 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

IX Torneo de Tenis e Padel

20-06-2018 / Deportes e Pavillón

O Club Tenis e Padel Soutomaior organiza o seu IX Torneo de Tenis e Padel que se celebrará nas pistas do Pavillón da Montesiña desde o día 1 ao 8 de Xullo. En tenis as categorías son individual, dobres e + 45 anos. En pádel: Feminino(1ª-2ª iniciación e + 40) Masculino(1ª-2ª iniciación e + 45) Mixto: (única e + 45), e...