Category Image  OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado  

18-Si-quero-colaborar-(Imos-limpar).jpg

 

Acción 1: Hoxe imos limpar

Do: 02-06-2018 ó: 02-06-2018
Lugar actividade: Multiusos de Arcade
Horarios: de 11:30 a 13:30 h
Destinatarios/as: +12 (Menores rexistrados)
Prazas: 22 prazas
Inscricións ata: Venres, 25. Mayo 2018

 

Documentos a entregar:  - Fotocopia do DNI, - Inscrición asinada polo/la solicitante ou do pai/nai/ titor/a, - Acordos e Compromisos de Participación asinados (descarga adicional*), - Fotocopia de DNI de todas as persoas inscritas
Lugar de entrega: OMIX (Multiusos, Arcade)
Custe: de balde
Bonificacións grupo familiar: A actividade NON ten bonificacións familiares        
18-Compromiso-colaboracion-voluntariado.pdf
Esta actividade NON define grupos         

 

ACCIÓN: selección, recollida e tratamento de residuos.

Obxectivo: sensibilizar sobre o exceso no uso de plásticos e residuos que chegan as nosas praias e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano.

Breve descrición da xornada: Para comezar, darase unha pequena charla, de aproximadamente unha hora de duración, sobre os impactos medio ambientais dos residuos non nosos mares, facendo especial fincapé nos plásticos. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión. 

Posteriormente camiñaremos un pouco ata a praia obxecto da limpeza que imos realizar. É unha praia pequena, pouco frecuentada e descoñecida por moitos, que non é sometida a limpeza habitualmente. 

  • Alí estaremos sobre hora e media recollendo os residuos, co material de apoio que aportará o Concello. 
  • Ao rematar, ou no medio, haberá un pequeno refrixerio para repoñer forzas. 
  • Ao finalizar, reflexionaremos sobre a xornada vivida e poremos en común medidas que están da nosa man.
  • Por último, subiremos os sacos co lixo ata un punto onde poida acceder un vehículo que os transporte e os deixe nos colectores de lixo axeitados para o seu tratamento.

 

 

 

Concellerías implicadas: Concellería de Medioambiente, Concellería de Educación, C. Participación e Voluntariado

Acción 1: Hoxe imos limpar - QR Code Friendly

Sigue este código QR
para + info na web

Accesos : 236