Mércores, 02 Mai 2018 11:23

O 4 de maio pechamos o prazo para participar no Concurso "Verbas para comunicar". Letras Galegas 2018

Este venres 4 de maio remata o prazo para presentar os traballos para o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para que a se comuniquen en lingua galega e poidan expresar a través da nosa lingua emocións, sentimentos ou opinións. 

Modalidades:

1) Redacción:dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, , etc., Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.

O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

 

2) Audiovisual:elaboración dun vídeo (curta) e audio (tema musical) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupal (3 persoas). Presentar en USB. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Acéptanse tamén en calidade HD. Obrigatorio que teña mensaxe en galego escrita ou verbal.

Categorías::

Categoría A: idades de 12 a 14 anos.

Categoría B: idades de 15 a 20 anos.

 

Haberá moitos premios: tablets; libros electrónicos; cámaras fotos deportiva; gafas realidade virtual;  auriculares bluetooh+micro; power bank; e tamén, sorteo de diccionarios en lingua galega e un agasallo para todas as persoas que participen no concurso. 

O prazo de presentación de traballos finaliza o 4 de maio de 2018 ás 20.30 h na OMIX

A entrega de premios realizarse  nun acto conxunto de todos os colexios do Concello o martes 15 de maio.

As bases do concurso pode descargalas de abaixo, tamén están colgadas na web do Concello e tamén se poden pedir na OMIX. Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

verbas-comunicar.jpg 

 CONCURSOS   Concellería de Xuventude

XI Concurso Verbas para... comunicar
Inscricións ata: Venres, 4. Mayo 2018
Datas do:
 15-05-2018 o: 15-05-2018
Destinatarios/as:
 + 12 anos


Descargar adjuntos:

18-bases-XI-concurso-verbas-para-comunicar.pdf (33 Descargas)
Visto 368 veces

 

 

Os titulares de Xuventude

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...