Selección de Docentes para impartir o curso AFD "Actividades de Xestión Administrativa"

OBXECTO A contratación por tempo definido de docentes para impartir a acción formativa para persoas traballadoras desempregadas "ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA" (Código: ADGD0308) que promove o Concello de Soutomaior Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio de 2017-2018 -Cursos AFD).

ERROS Texto correcto das bases no seu punto 1º (OBXECTO) relativo ás prácticas. Foi correxido por resolución de alcaldía 

  • onde di: MP0011: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Actividades de xestión administrativa. (80 horas): será titorizado polo docente dos módulos de xestión operativa de tesourería, xestión auxiliar de persoal e rexistros contables.
  • debe decir: MP0011: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Actividades de xestión administrativa. (80 horas): será titorizado polo docente dos módulos de ofimática, gravación de datos e xestión de arquivos.