Faite Voluntario/a: Escolas Municipais Deportivas

As tarefas a desenvolver consistirán en acompañar ós nenos no desprazamento de ida e volta en autobús ata o Complexo Deportivo de Rias do Sur, en Marín, axudar ós nenos nos vestiarios no que precisen e acompañálos ata o vaso.

Requisitos: interese en colaborar nunha actividade de educación non formal no eido deportivo cun grupo infantil – xuvenil. 

Descrición da actividade na que se participa: Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e dezaseis anos. Coa programación desta actividade tratamos de fomentar a participación deportiva, a ocupación do tempo libre dun xeito activo, a adquisición de hablidades acuáticas que permitan autonomía e seguridade neste medio, así como nas actividades de hixene e coidado corporal….

 

Departamento: Deportes
Horarios: Luns de 18:00 a 21:00 h
Destinatarios/as: + 16 anos
Prazas: 2 prazas
Dispoñibilidade ata: Luns, 28. Mayo 2018
Lugar de inscrición: OMIX (Multiusos)
Lugar actividade: Complexo Dep. de Rias do Sur