Inscrición Curso de Teleoperador/a

Con prácticas laborais en empresas do sector. A parte práctica realizarase ao rematar a teórica e rematarase antes de abril. As empresas onde se realizarán as prácticas serán no entorno próximo ao Concello de Soutomaior. Posibilidade de bolsa de emprego.

Obxectivos:  adquirir as estratexias necesarias para a atención telefónica e a xestión de incidencias

Contidos: Contacto telefónico inicial co/a cliente. Chamada telefónica saínte (Out bound). Elementos e técncas que inflúen na comunicación. Actitude mental positiva. A importancia da voz, Realizar unha comunicación efectiva. Dificultades na comunicación. Acceso ao/á interlocutor/a válido/a. Resolución de problemas. Tratamento de dúbidas, queixas e reclamacións. Chamada telefónica entrante (In Bound).  Avaliando situacións prácticas. Presentación xeral. Actitude, voz e postura. Coñecer ao cliente e presentarlle o produto

  • Destinatarios/as: a partir de 16 anos
  • Datas: 6, 8, 15, 20, 22, 27 de febreiro e 1 e 6 de marzo de 2018 (parte teórica).
  • Horarios: martes e xoves de 16 a 20 h
  • Duración: 60 h (30 teóricas + 30 prácticas)
  • Cota: 15 € empadroado/as / 55 € non empadroados/as.
  • Lugar: Multiusos, Arcade.
  • Prazo de inscrición: ata o 1 de febreiro.

Inscricións