Venres, 19 Mai 2017 18:59

Roteiro Os recunchos de Aranza. Domingo 28 de maio

Roteiro Os recunchos de Aranza. Domingo 28 de maio

Este roteiro encádrase dentro do programa Roteiros medioambienais: coñece o teu Concello e Arredores.  Con este programa o Concello de Soutomaior quere poñer en valor os recursos medioambientais do noso Concello e  promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea. Educar no respeto e o coidado á natureza son valores imprescindibles para promover aptitudes sostibles co noso planeta. Como en roteiros anteriores, da man dunha guía experta na materia e coñecedora do territorio as persoas inscritas percorrerán diferentes paisaxes e observar desde outro punto de vista  a natureza que nos rodea.

O seguinte roteiro será: "Os recunchos de Aranza"  o domingo 28 de MAIO 

Breve descrición:  coñecer as paisaxes de Aranza. Partiremos da zona máis baixa, a carón do río Oitavén e subiremos ata case 300m. Visitaremos os socalcos e algunha zona de monte alto, teremos vistas aos canóns do Oitaven, camiñaremos entre muros antigos e poderemos remollar os pés nas pozas de Aranza, para regresar polas intrincadas rúas da zona.

Características: 9,3 kms. Circular. Dificultade media-alta; desnivel alto.Terreo irregular que pasa por variedade de camiños, estreitos, empedrados con auga... Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga.

Tempo estimado:3 horas e media ou 4, dependendo do grupo.

Ferramentas: Mapa e brúxula.

Hora: 10:30 - 13:30.

As persoas interesadas en participar terán que anotarse previamente na OMIX, Tel.. 986700822 porque as prazas son limitadas

Información: www.soutomaior.com 

 

 

 


Descargar adjuntos:

2017-inscricion-roteiros-medioambientais.pdf (813 Descargas)
Visto 1897 veces

Roteiros Medioambientais

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar coa visita polo parque somerxido da Illa coa axuda dunhas lentes virtuais e das guías especializadas na materia.

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Potros autóctonos, aire libre, cultura e moito compañeirismo no roteiro polos montes do Curro da...

Potros autóctonos, aire libre, cultura e moito compañeirismo no roteiro polos montes do Curro da...

06-06-2022 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...

Novos Roteiros!

18-10-2021 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE ARCADE-SOUTOMAIOR. Iniciaremos a actividade cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo...

Roteiros medioambientais: O MONTE SIRADELLA E INTERMAREAL DA LANZADA

07-10-2020 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización  medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á Aula de Natureza do Monte Siradella e os seus arredores co fin de coñecer este espazo natural e todos os recursos ambientais...

Novos roteiros medio ambientais!

24-10-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

07-10-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Roteiro medio ambiental "A Pedra e a Auga"

15-01-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Poñemos en marcha de novo o programa  municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...