Luns, 19 Outubro 2015 18:25

Inicio da Escola de Talentos

Inicio da Escola de Talentos

A Concellería de Educación pon en marcha un programa de educación acorde cos avances tecnolóxicos, científicos e culturais do momento no que vivimos. Propoñemos unha proposta formativa que potencie o desenvolvemento integral desde a primeira infancia mediante o entrenamento de capacidades, habilidades e destrezas no marco dun enfoque tecnolóxico, humanista e lúdico. O programa utiliza unha metodoloxía práctica na que poden participar os nenos/as de 4 a 7 anos pero tamén as súas familias pois terán que vir acompañados dunha persoa adulta á actividade. A proposta para este trimestre de outubro a decembro desenvólvese durante tres sesións independentes.

En cada sesión traballaremos un programa específco:

1º sesión será o sábado 24 de outubro de 10,30 a 13,30 h - XOGANDO CON CODE, achegarse ao mundo da programación xogando a través do programa CODE 

2º sesión será o sábado 14 de novembro de 10,30 a 13,30 h - LABORATORIO DE XOGOS, onde os/as participantes aprenderá a crear e programar os seus propios xogos no ordenador.

3º sesión será o sábado 21 de novembro de 10,30 a 13,30 h - FANTASTIC CONTRAPTION,  xogos creados a partir de realidades virtuais onde os/as participantes poderán vivir experiencias tridimensionais a partir do xogo.

As sesións serán independentes e para participar as persoas deberán anotarse previamente na OMIX, no Multiusos (ARCADE). Máis información: 986700822

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 

 


Publicado en Educación
Visto 1707 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.