Luns, 26 Novembro 2018 17:41

Capacidade, SI MOITA! Sábado 1 de decembro

Capacidade, SI MOITA! Sábado 1 de decembro

Este é o segundo ano que o Concello de Soutomaior pon en marcha o programa CAPACIDADE, SI MOITA!!!  que se realizará o sábado 1 de decembro de 17 a 19 h no Multiusos en Arcade.

O 3 de decembro conmemórase o día internacional das persoas con discapacidade ou tamén coñecido como o día da diversidade funcional e desde a Concellería de Educación queremos sumarnos a esta reivindicación cun programa de carácter lúdico e participativo co fin de defender e reivindicar os dereitos de todas as persoas así como o respecto á diversidade porque non hai capacidades mellores nin peores senón capacidades diferentes e polo tanto, todos e todas debemos implicarnos e apostar por unha educación inclusiva que sume capacidades e non estableza diferenzas que separen nin segreguen. A xornada contará con moitas actividades nas que aprender un pouco máis cos demais, coñecernos un pouco mellor, rachar estereotipos e barreiras, exposición de materiais, presentación de retos conseguidos, etc. 

Todas as actividades son de balde e realizaranse no Multiusos en Arcade, haberá actividades no exterior e no interior do centro dirixidas á poboación en xeral para establecer un diálogo con nós mesmas/os e cos demais, para reflexionar e para vivir e compartir experiencias. Para isto contaremos cun equipo de monitoras/es especializado co que nos adentraremos na diversidade dun xeito lúdico e participativo, sen medos. Tamén nos acompañarán nesta xornada Bimba e Ela, dúas cadelas guía. 

Poderemos participar en obradoiros moi variados: elaboración de barras enerxéticas, obradoiros de elaboración de caixas Teach, xincana multisensorial, etc.

Participa no programa de actividades que o Concello de Soutomaior organiza co fin de sensibilizar e promover unha inclusión social plena coa práctica dunha vida independente e autónoma apostando pola diversidade desde un punto de vista positivo e integrador. Comparte experiencias e reflexiona! Todos/as sumamos!

 


Publicado en Educación
Descargar adjuntos:

18-Capacidade-SI,-moita-(Flayer)-web.jpg (34 Descargas)


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Roti visita os comercios e o IES para dar a coñecer os ColeRoteiros

13-03-2019 / Educación

Este martes 12 de marzo tivo lugar no IES a primeira reunión informativa coas familias para explicar o proxecto de camiños escolares ColeRoteiros. Na mesa informativa participaron  Fátima Vidal – Concelleira de Educación. Noelia Ocampo – Concelleira de Xuventude e Voluntariado. Dirección do IES de Soutomaior. Antonio Duarte – Xefe da policía local de Poio. Impulsor do Proxecto de Camiños Escolares Pontevedra. Elena Rodríguez García...