Martes, 19 Xaneiro 2016 18:57

Novas actividades da Concellería de Educación

Novas actividades da Concellería de Educación

A Concellería de Educación convoca novas actividades para este trimestre que vai de xaneiro a marzo.

Comezamos no mes de xaneiro coa Escola de Pais e Nais que nesta ocasión vai a tratar o tema do xogo como instrumento de aprendizaxe e mellora das relacións familiares. As sesións da escola serán o xoves 28 de xaneiro, o xoves 25 de febreiro e o xoves 17 de marzo de 18 a 20 h no Multiusos. Haberá actividades para os máis pequenos/as.

Tamén se organiza para o día 30 de xaneiro de 11,00 a 12,30 h unha XINCANA MEDIOAMBIENTAL que terá lugar en Talorío. Esta actividade será moi divertida porque constará de diversas probas relacionadas con temas de reciclaxe e compostaxe. As persoas poderán participar de xeito individual ou en grupo e ao rematar poderán disfrutar dun chocolate e un doce de balde!.

Xa no plano estrictamente formativo, a Concellería organiza un curso de linguaxe de signos de 30 h os luns e venres de 18 a 20,30 h no Multiusos. O prazo de inscrición nesta actividade remata o 25 de xaneiro na OMIX.

E, para finalizar, está a actividade de ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS GUIADOS. Este programa consta de tres roteiros durante os cales da man dunha guía experta na materia as persoas que participen poderán coñecer mellor a fauna, flora e o noso patrimonio. Estes roteiros terán moitas sorpresas porque ademais de ser guiados incluiremos neles a realización dun caderno de campo e tamén caches, para que poidades practicar xeocaching.

Poderedes atopar máis información sobre estas actividades na páxina web www.soutomaior.com ou na OMIX, no Multiusos en Arcade.

O CONCELLO


Publicado en Educación
Visto 1727 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.