Luns, 25 Xaneiro 2016 19:28

Gran Xincana Medioambiental

Gran Xincana Medioambiental

A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior organiza  unha GRAN XINCANA MEDIOAMBIENTAL para este sábado 30 de xaneiro de 2016 de 11 a 12,30 h. Consiste nunha actividade de sensibilización co medio ambiente onde a través dun gran xogo e dun trivial xigante as persoas que participen xun xeito moi divertido poderán aprender moitas cousas sobre a reciclaxe e o coidado do noso medio.

A actividade realizarase na Alameda Talorio (en caso de choiva trasladarase ao CPI Padin Truiteiro)

Vai dirixida a todas as idades e poderase participar de xeito individual ou grupal. O xogo terá varias estacións onde os/as participantes terán que superar unhas probas para continuar xogando. Durante o xogo haberá tamén unha mesa con material divulgativo sobre o tema.

A participación na actividade é de balde e cando se remate poderase tomar un chocolate cun doce para repoñer forzas.

A edil de Educación, Fátima Vidal, anima a todas as persoas a participar nesta actividade que ademais de ofrecer moita diversión será unha actividade divulgativa e educativa moi interesante para mellorar os nosos coñecementos sobre a reciclaxe e outros temas relacionados co coidado do noso entorno.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Educación
Visto 1958 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.